As competencias
levaranse a cabo entre o 2 e 16 de xullo de 2009.
Cada ano/grao
competirá cos restantes e sumará puntos para a provincia
á cal pertenza. Do mesmo xeito, e con idéntico sistema
actuará o nivel primario.
Os deportes son:
Voleibol (Mixto)
- Cross (Varóns e Mulleres)
Hóckey (Mulleres)
- Fútbol (Varóns)
Balonmán (Mulleres)
- Baloncesto (Varóns)
Materias académicas:
Lingua, Literatura,
Xeografía e Historia de Galicia
Matemática
Lingua castelá
Os profesores destas
materias designarán dentro do período dos Xogos, unha
actividade áulica que será realizada por cada alumno/a.
A nota desta tarefa sumará puntos para a provincia que
represente.
Sistema de Puntuacións
•
CARREIRA DE CROSS:
A
distancia que percorrerán os/as participantes estará
establecida por un circuíto prefixado no Campo de
Deportes. Para indicar a puntuación, sumaranse os
números da “orde de chegada” á meta de todos os alumnos
e alumnas de cada provincia.
O
primeiro posto obterao aquela provincia que resulte con
menor puntuación; a segunda posición, o equipo que lle
siga e, así, sucesivamente, ata acadar o cuarto posto.
•
DEPORTES:
Partido
gañado: 3 puntos Partido empatado: 2 puntos Partido
perdido: 1 punto
•
MATERIAS ACADÉMICAS:
Sumaranse as notas obtidas por todo o alumnado nunha das
actividades áulicas de cada un dos grupos de materias
(Materias vinculadas con Galicia, Matemática e Lingua
castelá).
O
primeiro posto obterao aquela provincia que obteña unha
maior puntuación, o segundo posto a seguinte e, deste
xeito, ata chegar ao cuarto posto.
•
PUNTUACIÓN FINAL PARA CROSS, DEPORTES E ACADÉMICAS:
1º
posto 40 puntos.
2º
posto 30 puntos.
3º
posto 20 puntos.
4º
posto 10 puntos.
•
SISTEMA DE DESEMPATE:
No caso
de empate nalgún dos postos, as instancias de desempate
son:
A)
Resultado do partido xogado entre eses equipos. E se
continuase a igualdade,
B) Goles convertidos.
C)
Diferenza de goles.