REGLAMENTO

As competencias levaranse a cabo entre o 2 e o 23 de xullo de 2008.

 

Cada ano/grao competirá cos restantes e sumará puntos para a provincia á cal pertenza. Do mesmo xeito, e con idéntico sistema actuará o nivel primario.

 

Os deportes son:

 

Voleibol (Mixto) - Cross (Varóns e Mulleres)

Hóckey (Mulleres) - Fútbol (Varóns)    

Balonmán (Mulleres) - Baloncesto (Varóns)

 

Este ano incorpóranse as seguintes materias académicas:

 

Lingua, Literatura, Xeografía e Historia de Galicia       

Matemática

Lingua castelá

 

Os profesores destas materias designarán dentro do período dos Xogos, unha actividade áulica que será realizada por cada alumno/a. A nota desta tarefa sumará puntos para a provincia que represente.

 

 

Sistema de Puntuacións

 

• CARREIRA DE CROSS:

A distancia que percorrerán os/as participantes estará establecida por un circuíto prefixado no Campo de Deportes. Para indicar a puntuación, sumaranse os números da “orde de chegada” á meta de todos os alumnos e alumnas de cada provincia.

O primeiro posto obterao aquela provincia que resulte con menor puntuación; a segunda posición, o equipo que lle siga e, así, sucesivamente, ata acadar o cuarto posto.

• DEPORTES:

Partido gañado: 3 puntos Partido empatado: 2 puntos Partido perdido: 1 punto

• MATERIAS ACADÉMICAS:

Sumaranse as notas obtidas por todo o alumnado nunha das actividades áulicas de cada un dos grupos de materias (Materias vinculadas con Galicia, Matemática e Lingua castelá).

O primeiro posto obterao aquela provincia que obteña unha maior puntuación, o segundo posto a seguinte e, deste xeito, ata chegar ao cuarto posto.

• PUNTUACIÓN FINAL PARA CROSS, DEPORTES E ACADÉMICAS:

1º posto 40 puntos.

2º posto 30 puntos.

3º posto 20 puntos.

4º posto 10 puntos.

• SISTEMA DE DESEMPATE:

No caso de empate nalgún dos postos, as instancias de desempate son:

A) Resultado do partido xogado entre eses equipos. E se continuase a igualdade,

B) Diferenza de goles.

 

Ao rematar todas as competencias, a provincia que obteña un maior número de puntos será a gañadora da COPA DOS XOGOS DO SANTIAGO 2008.

 

Entrega de Premios: XOVES, 23 DE XULLO.


ACCESOS RÁPIDOS

Nós Xogamos!

Crónicas alumnos
 
Reglamento
Reglamento 2008
 
Historial
Xogos 2006
Xogos 2007


 

Lugo, o máis regular, o máis completo, o máis temperamental logrou o seu primeiro campionato.

INFO XOGOS

 

Un berro escoitouse nos corredores: "Vese, sente, Lugo está vixente, vese, sente, A Coruña está quente".

os que non afrouxaron nunca....e non se renderon ata o final... foi A GRANDIOSA... PROVINCIA DE LUGO FELICITACIÓNS A Todos Os INTEGRANTES DE LUGO!!!!! .

 

 

 

OS XOGOS EN FRASES

 

Guido: "Sentí que las piernas no me respondian ni los mensaxes de texto". Candela: "É re top gañar". Tomás: "Son cabeza de serie". Sebastián: "Non podemos perder así, somos peitos fríos!"

A Foto Da Data

 
 

Vostede é o xogador
 

 
 


 

 

10 anos camiñando... un obxectivo feito realidade
 
Bos Aires, Fundación Galicia - América, Ano 2008