|
O campamento é unha
experiencia que proporciona oportunidades especiais para a educación con
importantes aprendizaxes sociais. Polas súas características, xera espazos
que permiten desenvolver unha personalidade autónoma a través da necesidade
de tomar decisións e resolver situacións, aprendendo a respectar e gozar do
medio natural.
A proposta apunta a suscitar
nos alumnos unha conciencia de preservación e coidado da natureza,
achegándolles coñecementos que lles permitan desenvolver actividades e
superar os desafíos que se presentan. Á súa vez, favorece a integración dos
participantes, xerando vínculos a través do traballo en equipo.
No Nivel Secundario proponse a
continuación do proxecto de Vida na Natureza do colexio, consolidando
coñecementos acerca das técnicas de campamento con obradoiros de lume,
primeiros auxilios, construcións rústicas, aventura, realización de
ataduras, orientación, cociña etc.
Durante o ciclo lectivo 2009 o
proxecto comprende un campamento júnior para primeiro e segundo ano
cunha duración dunha noite/ dous días e un campamento sénior para
terceiro e cuarto ano, de dúas noites e tres días. |