|
Medalla de Prata de Galicia de 2005
COLEXIO SANTIAGO APÓSTOL
Este centro de ensino foi creado en Buenos Aires
grazas ao apoio financeiro do Goberno galego,
despois da constitución da Fundación
Galicia-América, en 1996. O propósito de
creación do colexio é o de desenvolver un proxecto
educativo nos ámbitos de Primaria e Secundaria. O
Colexio Santiago Apóstol está integrado no seo
do Centro Galicia da capital arxentina.
O colexio, que se instala nun predio que excede os
4.000 metros cadrados, propaga e difunde os valores
culturais do pobo galego tales como a lingua, as
tradicións, a historia, o folclore ou a arte, entre
outros aspectos.
Hai sete anos que comezou a funcionar, e desde entón
a cifra de alumnos foise incrementando ata chegar
aos 400 actuais. Ao longo deste tempo, o centro
foise facendo un oco entre a colectividade galega en
Arxentina e actuamente concíbese como un referente
cultural de Galicia no mundo.
O Colegio Santiago Apóstol é o primeiro
centro educativo que imparte oficialmente materias
curriculares galegas fóra de Galicia, co obxectivo
de preservar e potenciar as tradicións da Comunidade,
ao tempo que busca a apertura cara ao pluralismo nun
contexto de respeto e convivencia coas diferentes
manifestacións culturais. O centro busca satisfacer
as diferentes opcións educativas e, ademais, xerar
un conxunto de contidos extracurriculares que
complementen e formen aos seus alumnos, facendo
especial fincapé nas novas tecnoloxías da
información e da comunicación. |