Organizar a actividade educativa respectando as
necesidades lúdicas, de experimentación e expresión dos máis pequenos
asegurando unha ensinanza de coñecementos significativos que amplíen e
afonden as súas aprendizaxes.
Brindar un clima de afecto e confianza co fin de que
os nenos adquiran seguridade nas súas propias capacidades cognitivas,
motrices, afectivas, sociais e expresivas na relación cos outros e co
coñecemento.