|
O Colexio
Santiago Apóstolo é unha obra da
Xunta de Galicia e do
Centro Galicia de
Bos Aires –a través da Fundación Galicia-América– que ten o propósito de
desenvolver un proxecto educativo bicultural en todos os niveis de ensino.
O 8 de marzo
de 1998 o entón Presidente da Xunta de Galicia, Don
Manuel Fraga Iribarne, inauguraba o centro
educativo. A partir de aí
foise completando o nivel inicial e EXB / Nivel
Primario. No ano 2005 comenzaron as actividades do nivel Secundario.
A creación do
primeiro colexio galego do exterior sempre estivo na mente da
colectividade galega na emigración.
A Fundación Galicia-América,
concretou este soño para dar cumprimento a un ideario moi concreto:
propagar e soster unha educación baseada nos principios biculturales
arxentino-galegos que propendan a cementar as bases representativas do
importante grupo humano que é a colectividade española e, polo tanto
galega, neste país.
A nosa institución pretende
fomentar e apoiar o ensino en calquera nivel, infundindo na aula o ideal
de servizo e solidariedade xunto co coñecemento dos valores culturais do
pobo galego, da súa lingua, das súas tradicións, historia, folclore, arte
e demais manifestacións.
Cada neno que ingrese ó Colexio
Santiago Apóstolo ten o aval da educación arxentina xunto
cos valores esenciais que nos
brindaron todos os homes e mulleres emigrados desde a querida terra galega
e que confiaron neste país para o seu futuro e o dos que sigan os seus
pasos. |