RENOVACIÓN DE AUTORIDADES.
A OBRA SEGUE CRECENDO.
Nun dos seus últimos actos como
Presidente da entidade, Avelino García Melle inauguraba un
hórreo construído en Galicia, grazas á donación efectuada
polo Sr. José Branco Pazos. O acto tivo lugar no xardín
"Rosalía de Castro" do Campo de Deportes "Galicia" de Olivos
e contou coa presenza do donante, un permanente defensor da
obra que realiza o Centro Galicia de Bos Aires. É de
destacar neste acto a presenza de D. Fernando Amarelo de
Castro, Secretario Xeral para as Relacións coas Comunidades
Galegas da Xunta de Galicia, funcionario galego que, de
regreso a Galicia e previo estar na capital fueguina,
Ushuaia, non quixo estar ausente neste acontecemento.
Mil novecentos noventa e sete,
asoma coa renovación de 1as autoridades da Xunta Directiva,
presidida por Manuel Peleteiro Pérez, logo de realizada
Asemblea Xeral Ordinaria o 28 de abril.
No entanto toda a concentración
que se puxo para culminar a Primeira Etapa do Instituto
"Santiago Apóstolo", a nova Xunta Directiva non quería
deixar pendente a súa Terceira Fase de construción da Nova
Sé Social.
Non sen grandes afáns, a obra
que abarca o Terceiro Piso desa construción, na cal
instalaranse a Sala de Xunta Directiva, Secretaría Xeral,
Presidencia, Salas de Reunións para Comisións, Sector
Administrativo e de usos múltiples foi efectuándose, ata
chegar a hoxe, marzo de 1998, onde podemos dicir con orgullo
que as obras desa fase están terminadas.
REFLEXIÓN FINAL
A partir do 8 de marzo de 1998,
seguramente as respectivas historias destas entidades terán
camiños non distintos, pero si menos vinculantes, dados os
seus correspondentes propósitos. Pero, ningunha delas negará
ese tronco común que as une, o cal está constituído por un
grupo de homes e mulleres valentes, que non escatimaron
tempo individual e intelectual para brindar novas
alternativas de supervivencia da nosa Comunidade a través
dos anos.
Miles de persoas, protagonistas
centrais algúns, anónimos actores que apoiaron en todo
momento un proxecto, outros, pero contaxiados todos por unha
audacia sen par. Xentes que non perderon as esperanzas nos
peores momentos, cando a situación político-institucional do
país non permitía crecer en democracia, pero firmes nas súas
conviccións de cooperar cos seus fillos e netos. Persoas que
non dubidaron en comezar a executar a obra que reclamaban as
xeracións actuais de galegos emigrados, conforme o anhelo
establecido nas bases de unidade de 1979. Asociados e
directivos que non se amilanaron, que non perderon a
confianza cando todo o que hoxe se pode apreciar na obra
deste Centro era "unha tolemia". En síntese, homes e
mulleres que, a puro corazón, cunha fe inquebrantable, coa
certidumbre de que os pasos que daban deixarían unha pegada
imborrable na historia da súa Comunidade na Arxentina,
deixarían un espazo, por sobre todo real, onde as futuras
descendencias cultiven o seu corpo e intelecto; para que
crezan, máis aló das posibilidades que, nalgún momento,
souberon ter neste país os seus pais e /ou avós.
ir arriba |