O
PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA
REGRESA Ao PAÍS
En marzo de 1994, o Excmo. Sr.
Presidente da Xunta de Galicia, D. Manuel Fraga Iribarne,
viaxa á Arxentina e visita a nosa entidade. Nuevamente, a
Galicia Continental, a través do seu representante, demostra
a este Centro o particular interese que ten nas obras de
construción do Colexio “Santiago Apóstolo” coa firma dun
convenio marco entre o Centro Galicia de Bos Aires e a Xunta
de Galicia, o cal establece que:...(a Xunta de Galicia
atentos) a que o Centro Galicia de Bos Aires está
construíndo o primeiro colexio galego-arxentino na Galicia
exterior, co fin de acrecentamento do proceso de
conformación e conservación dunha identidade
galego-arxentina por medio dunha educación bicultural
modélica...”dispón: a)-Intercambio profesional nos sectores
da educación, b)-fomentar a elaboración e o desenvolvemento
dos proxectos conxuntos de práctica educativa e técnica co
obxecto de potenciar a cultura e lingua galega,
c)-Intercambio de persoal académico e d)-“Ambas institucións
expoñen o interese recíproco de constituír e administrar en
forma conxunta unha fundación galega-arxentina para o
goberno e administración do centro educativo...”
A partir deste convenio, os
esforzos do Centro Galicia de Bos Aires situáronse
específicamente na creación desa Fundación, á vez que
aplicaban maior énfasis na terminación da primeira etapa de
construción do futuro Instituto “Santiago Apóstolo”, para a
súa entrada en funcións no mediano prazo.
O gimnasio mini-estadio vestiuse
de festa para aquela oportunidade, en marzo de 1994. A
colectividad galega brindáballe un agasallo ao titular do
executivo galego.
Á hora dos discursos, tanto o
representante da comunidade en Bos Aires, como o Presidente
da Xunta de Galicia, Avelino García Melle e Manuel Fraga
Iribarne, respectivamente, resaltaron o inmenso labor
despregado polo pobo galego para consumar obras de
envergadura, xa sexa en Galicia Continental como no
Exterior.
Destacábase sobre a cabecera de
mesa principal unha lenda que rezaba: “Neste lugar estase
construíndo o primeiro colexio arxentino-galego”·.
ir arriba
|