Ideario

O Colexio Santiago Apóstolo é unha obra da Xunta de Galicia e do Centro Galicia de Bos Aires –a través da Fundación Galicia-América– que ten o propósito de desenvolver un proxecto educativo bicultural en todos os niveis de ensino.

O 8 de marzo de 1998 o entón Presidente da Xunta de Galicia, Don Manuel Fraga Iribarne, inauguraba o centro educativo. A partir de aí foise completando o nivel inicial e EXB / Nivel Primario. No ano 2005 comenzaron as actividades do nivel Secundario.

A creación do primeiro colexio galego do exterior sempre estivo na mente da colectividade galega na emigración.

A Fundación Galicia-América, concretou este soño para dar cumprimento a un ideario moi concreto: propagar e soster unha educación baseada nos principios biculturales arxentino-galegos que propendan a cementar as bases representativas do importante grupo humano que é a colectividade española e, polo tanto galega, neste país.

A nosa institución pretende fomentar e apoiar o ensino en calquera nivel, infundindo na aula o ideal de servizo e solidariedade xunto co coñecemento dos valores culturais do pobo galego, da súa lingua, das súas tradicións, historia, folclore, arte e demais manifestacións.

Cada neno que ingrese ó Colexio Santiago Apóstolo ten o aval da educación arxentina xunto cos valores esenciais que nos brindaron todos os homes e mulleres emigrados desde a querida terra galega e que confiaron neste país para o seu futuro e o dos que sigan os seus pasos.

Newsletter

Manténgase informado de nuestras novedades y eventos. Regístrese para recibir nuestro Newsletter.

Contáctenos

Paso 51 (entre Av. Rivadavia y Bartolomé Mitre) Ciudad de Buenos Aires

Conéctese con el Colegio

Manténgase siempre en contacto. Síganos en redes sociales

Contador de visitas