Versión en idioma castelán Correo Electrónico Home

Acto Homenaxe a Galicia na Legislatura de la Ciudad de Buenos Aires

 

>> 27 de xullo de 2010

 

O Goberno da Cidade de Bos Aires realizou o 27 de xullo no Salón Dorado de la Legislatura, un acto en “Homenaxe a Galicia”. Organizado pola Xefatura de Gabinete de Ministros no marco dos festexos do Bicentenario da Revolución de Maio e do Xacobeo 2010, contou coa presenza de numeroso público.

Como eixe central, propuxose un percorrido polo patrimonio musical da emigración, coa interpretación artística dos seguintes grupos musicais:

  • Conxunto de Gaitas do Centro Galicia de Buenos Aires, con dirección do mestre Daniel Pazos.

  • Presentación de Treboeiro, Orquestra Galega, a cargo do Lic. Raúl E. Gándara.

  • Cantareiras da Sociedade Parroquial de Vedra.

A presentación e locución en lingua galega estivo a cargo de Daniela Benemio e Federico Saladino, acompañados polo profesor Carlos Rodríguez Brandeiro.

Felicitamos os nosos alumnos de 4º ano polo excelente desempeño neste acto representativo do acervo cultural galego.

 

 


Fotografías