No marco do proxecto
“Expedición Bicentenaria”, os alumnos dos 3 niveis do
colexio entregaron a dous montañistas (Martín Iglesias e
Humberto Vázquez) os soños e desexos para as xeracións
futuras, nun acto realizado o 7 de xullo no pavillón de
deportes do Centro Galicia. Estiveron presentes autoridades
da Xunta de Galicia en Bos Aires, do Centro Galicia, da
Fundación Galicia América, do Colexio e os profesores de
todos os niveis de ensino.
Dentro da temática elixida,
cada alumno plasmou o seu sono sobre a Patria do
Bicentenario, o coidado do medio ambiente e os dereitos dos
nenos. Estas mensaxes serán preservados en cápsulas
especiais para ser depositadas en distintas montañas do noso
país, Illas Malvinas, a Antártida e o Monte Everest. Desta
maneira simbólica, espérase que estes soños sexan un firme
compromiso para lograr que se cumpran, como legado para a
xeración do tricentenario.
Felicitamos a Federico e a
Andrea pola súa excelente participación como locutores do
evento.