O Sr. Presidente da Xunta
de Galicia, don Alberto Núñez Feijoo, fixo entrega dos diplomas
representativos do remate dos estudos secundarios ao alumnado que conforma a
primeira promoción do Instituto Santiago Apóstol
O pasado día 5 de decembro de 2009 o Sr.
Presidente da Xunta de Galicia, don Alberto Núñez Feijoo, fixo entrega dos
diplomas representativos do remate dos estudos secundarios ao alumnado que
conforma a primeira promoción do Instituto Santiago Apóstol.
Estas primeiras foulas non son máis que a
continuidade perenne dunha esencia patrimonial que desexa abrirse ao mundo
con ilusión e así esparexer ronseis de esperanza para as futuras xeracións.
Galicia ten hoxe, e terá perpetuamente ano a
ano, novos embaixadores e novas embaixadoras que a darán a coñecer e
espallarán a súa realidade sen deturpacións e con coñecemento serio,
rigoroso e profundo dela.
Dado que este histórico momento tivo eco en
moitos medios de comunicación, dende este cartafol electrónico aberto ao
mundo, achegámoslles algunhas das novas aparecidas, as cales –sen dúbida–
poden representar cunha meirande obxectividade a transcendencia da citada
data.
Grazas á Xunta de Galicia polo seu permanente
apoio e grazas a todas aquelas persoas que soñaron cun futuro mellor para a
súa patria e que, dende a emigración, creron firmemente no asentamento de
institucións educativas nos lugares de acollida como alicerce primixenio da
Galicia Universal e como fincón perenne para a supervivencia e espallamento
da súa inmorredoira cultura. A don Darío Lamazares Pena in memoriam.