Versión en idioma castelán Correo Electrónico Home

VISITA DE DON XOSÉ LUÍS MÉDEZ FERRÍN
Data:

27 de outubro de 2006

Descrición:

O pasado venres, o escritor e académico Xosé Luís Méndez Ferrín honrounos coa súa ilustre visita.

Don Xosé Luís, acompañado pola súa dona, percorreu as instalacións do centro educativo e dialogou con parte do alumnado.

Xa no nivel secundario, o insigne autor ourensán estivo falando co alumnado do segundo curso de Bacharelato que tiña traballado varios fragmentos da súa obra. Ademais diso, respondeu as súas preguntas e achegou algúns consellos aos rapaces e rapazas que moi ilusionados agardaban a súa visita.

Posteriormente, asinou no libro de ouro da institución educativa e o señor secretario xeral da Fundación Galicia – América, don José María Vila Alén, entregoulle uns modestos agasallos.

volver

 Máis información

  ir arriba

 

 

 

XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN

 

 

 

BIOGRAFÍA                               ALGUNHAS OBRAS

 

"La literatura en Galicia está más

avanzada que la sociedad"

 

BIOGRAFÍA

Xosé Luís Méndez Ferrín naceu en Ourense o 7 setembro de 1938. Está considerado coma o escritor galego máis representativo e importante da literatura galega contemporánea.

Na súa infancia reside en Ourense con estancias en Vilanova dos Infantes. Na cidade de Ourense fai o primeiro curso de bacharelato, e trasládase, despois, en 1949, coa súa familia a Pontevedra. É alí onde remata os estudos de grao medio.

Nos anos 50 faise consciente da realidade galega, o que deixará nel unha fonda pegada nacionalista, que non abandonará nunca.

En 1955 el e a súa familia trasládase a Vigo. Neste momento é cando comeza a estudar Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. Alí toma contacto co galeguismo cultural, artillado en torno á Editorial Galaxia e á figura de Ramón Piñeiro. En 1956 foi primeiro premio de poesía nas Festas Minervais de Santiago. En 1957 vai a Madrid onde tres anos despois licénciase en Filoloxía Románica. Nesta cidade mantén estreito contacto co galeguismo alí radicado. Así, en 1958, créase o grupo Brais Pinto. O grupo constituíuse en torno á editorial do mesmo nome. En 1961 segue un curso de cultura inglesa na Universidade de Oxford. Entre os anos 1963 e 1965 realiza diversas viaxes por Europa. Despois de facer o servizo militar en Canarias pasa dous anos, 1962 e 1964, en Lugo, exercendo de profesor no Colexio Fingoi ata que en 1965 obtén a Cátedra de Lingua e literatura Española do Instituto Santa Irene de Vigo, e instálase en Vigo.

Debido á súa actividade política foi procesado en tres ocasións pasando nalgunhas delas un período no cárcere.

Na actualidade, este doutor en Filoloxía, ademais da súa faceta literaria, tamén é columnista no xornal Faro de Vigo e dirixe a revista de pensamento crítico A Trabe de Ouro, que ten marcado de xeito notábel na última década o devir da nosa cultura coa difusión de problemas e investigacións sobre cuestións diversas con aproximacións interdisciplinares, e baixo unha dupla perspectiva nacional e universal. Ferrín é membro da Real Academia Galega e Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo.

Xosé Luís Méndez Ferrín foi proposto ó Premio Nobel de Literatura no ano 1999 pola Asociación de Escritores en Lingua Galega. Foi galardoado con moitos premios entre os que podemos citar o Premio da Crítica, Premio da Crítica Española, Premio da Crítica Galicia, Premio Losada Diéguez ou o Premio Eixo Atlántico.

 

  ir arriba

ALGUNHAS OBRAS

Poesía

  • Voce na néboa, 1957.
  • Antoloxía Popular, 1972, co pseudónimo de Heriberto Bens.
  • Sirventés pola destrucción de Occitania, 1975.
  • Con pólvora e magnolias, 1977. Premio da Crítica.
  • Poesía enteira de Heriberto Bens, 1980.
  • O fin dun canto, 1982.
  • Erótica, 1992.
  • Estirpe, 1994. Premio Losada Diéguez.
  • O outro, 2002.
  • Era na selva de Esm, 2004.
  • Contra Maquieiro, 2005. Premio Losada Diéguez.

Narrativa

  • Percival e outras historias, 1958.
  • O crepúsculo e as formigas, 1961.
  • Arrabaldo do norte, 1964.
  • Retorno a Tagen Ata, 1971.
  • Elipsis e outras sombras, 1974.
  • Antón e os inocentes, 1976.
  • Crónica de nós, 1980.
  • Amor de Artur, 1982.
  • Arnoia, Arnoia, 1985.
  • Bretaña Esmeraldina, 1987. Premio Crítica Galicia.
  • Arraianos, 1991. Premio Crítica Galicia, Premio Losada Diéguez, Premio da Crítica Española.
  • No ventre do silencio, 1999. Premio Eixo Atlántico de narrativa galega e portuguesa “Carlos Blanco”.

Outros xéneros

  • De Pondal a Novoneyra, 1984.
  • Conversas con Xosé Luis Méndez Ferrín, 2006.

  ir arriba