Versión en idioma castelán Correo Electrónico Home

VISITA do DePUTADO do Parlamento de Galicia don xosé manuel barreiro.

Data:

28 de setembro de 2006

Decrición:

O Deputado do Parlamento de Galicia, Don Xosé Manuel Barreiro, visitou no día da data a nosa institución. Foi acompañado na percorrida das instalacións polos membros da Fundación Galicia América e autoridades do Instituto, con quen mantivo unha reunión.

volver

Más información

  ir arriba

Xosé Manuel Barreiro é Doutor en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela e catedrático de Comercialización e Investigación de Mercados de dita Universidade.

Desde 1983 impartiu docencia na Universidade de Santiago de Compostela, nun primeiro momento na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais do Campus compostelán e posteriormente na Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo.

Así mesmo, ten participado nos órganos de xestións da citada institución universitaria como integrante do Vicerrectorado do Campus de Lugo e responsable da Sección Delegada da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais na capital luguesa.

Ocupou o cargo de vicesecretario xeral do PPdeGalicia e desde abril de 2002 é presidente provincial do PP de Lugo. Desde 1995 ata 1999 exerceu como primeiro tenente de alcalde, concelleiro delegado de Economía e portavoz no Concello de Lugo.

É deputado no Parlamento de Galicia desde as eleccións autonómicas do ano 1997.

Na V Lexislatura foi voceiro de Economía do Grupo Popular, voceiro na Comisión do Consello de Contas, ademais de vocal nas Comisións de Industria e Educación. Así mesmo foi administrador do Grupo Parlamentario Popular.

O 10 de setembro do 2004 foi nomeado vicepresidente segundo da Xunta de Galicia. Cargos que ocupou ata agosto do 2005.

Na actualidade é Voceiro adxunto do Grupo Parlamentario Popular no Parlamento de Galicia.

volver                                                                                                                                   ir arriba