|
Vídeoconferencia con Xosé Neira Vilas
>> 26 de maio de 2011
O alumnado
do nivel secundario e dos cursos máis avanzados do nivel
primario da nosa institución tivo a honra de poder manter un
encontro con don Xosé Neira Vilas a través dunha
videoconferencia que conectou Galicia co Salón Xacobeo do
noso instituto o pasado martes, 26 de maio.
Os mozos e
mozas escoitaron atentamente a intervención de don Xosé e,
logo da conferencia do ilustre escritor, realizáronlle unha
xeira de preguntas que amablemente foron por el respondidas
e permitiron coñecer de primeira man momentos transcendentes
da súa vida e obra.
Por outro
lado, ó día seguinte, os alumnos Daniela Benemio e Ignacio
Pérez Correa de 5º curso de bacharelato puideron saudalo de
novo a través dunha entrevista que realizou a xornalista da
Radio Galega Cristina García no programa “A tarde” e que
volveu enlazar, esta vez telefonicamente, as dúas beiras do
Atlántico.
Más
información
http://www.emigralia.galiciaaberta.com/actualidade/xunta-homenaxea-en-bos-aires-xosé-neira-vilas-no-50-aniversario-da-publicación-de-memori
ir arriba |