Versión en idioma castelán Correo Electrónico Home

Presentación de “Cunqueiradas” no marco da 37ª Feria do Libro

 

>> 28 de maio de 2011

 

Grazas á Dirección Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos dependente da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, un cento de mozos e mozas do noso instituto asistiron o xoves, 28 de maio, á presentación “Cunqueiradas” que o actor galego Cándido Pazó realizou no marco da 37ª Feira do Libro de Bos Aires.

Tal e como fixera dous días antes no Salón Valle Inclán do Centro Galicia (naquel encontro representou a obra “Memorias dun neno labrego” baseada no libro homónimo de Xosé Neira Vilas), os mozos e mozas non pararon de gozar ante o enxeño e a improvisación dun dos máximos representantes actuais da escena galega.

Cómpre salientar que o director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, Francisco López Barxas doou exemplares da obra “Antoloxía da literatura galega (1196  – 1981)” en edición bilingüe inglés – galego a varias institucións da colectividade galega entre as que se atopaba o noso centro educativo. Este volume foi publicado pola Xunta de Galicia en colaboración coas editoriais Galaxia e Xerais.

A través desta, a nosa páxina, desexamos agradecer fondamente á Xunta de Galicia o apoio e consideración que manifesta connosco permanentemente a través de todos os seus organismos.

 

 


Máis información


 

http://www.galiciaaberta.com/actualidade/cultura-e-turismo-entrega-na-feira-do-libro-de-bos-aires-antoloxí-da-literatura-galega-p

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  ir arriba