Don Xosé Luís
Méndez Ferrín, elixido presidente da Real Academia Galega
>> marzo de 2010
O 23 de xaneiro de 2010, ás 12
da mañá, reuniuse o Plenario da Real Academia Galega en
sesión extraordinaria para a elección do Presidente e da
Comisión Executiva da Institución.
Tras a correspondente
votación, a Xunta de Goberno da Real Academia Galega queda
constituída polos seguintes académicos numerarios:
Presidente:
D. Xosé Luís Méndez Ferrín
Secretario:
D. Xosé Luís Axeitos Agrelo
Tesoureiro:
D. Manuel González González
Arquiveiro - Bibliotecario:
D. Euloxio Rodríguez Ruibal
Vicesecretario:
D. Francisco Fernández Rei
Fonte:
www.realacademiagalega.org
Dende este recuncho da Galicia
exterior, o Instituto Santiago Apóstol de Bos Aires quere
transmitirlle ao señor Presidente a enorme ledicia que supón
para a nosa institución educativa o seu tan merecido
nomeamento.
Asemade, desexa agradecerlle
todas as atencións que connosco tivo na súa inesquecible
visita ao noso centro de estudos.
Oxalá sexamos quen de contribuír no espallamento dunha
cultura que persoas coma vostede a fixeron, a fan e a
seguirán a facer universal.
Parabéns, don Xosé Luís.
ir arriba