Versión en idioma castelán Correo Electrónico Home

Recoñecemento a Xabier Docampo

>> marzo de 2010

 

Unha comisión do I Congreso Iberoamericano de Lingua e Literatura Infantil e Xuvenil que se vai celebrar en Santiago de Chile entre os días 24 e 28 de febreiro escolleu as obras Cando petan na porta pola noite de Xabier P. Docampo e Contos por palabras de Agustín Fernández Paz como dous dos once mellores libros do século XX para os lectores máis novos escritos en castelán. Ambos os dous textos son os únicos que non foron escritos orixinalmente en castelán.

Dende esta páxina, desexamos enviarlles as nosas felicitacións aos dous ilustres creadores, os cales son unha mostra evidente de que a lingua e a cultura de Galicia, a través da súa inxente universalidade, non coñecen fronteiras.

Asemade, agradecémoslle a Xabier os momentos inesquecibles que nos permitiu pasar durante as súas visitas ao noso instituto e todo o que fixo e fai por dar a coñecer o noso traballo en Galicia. Do mesmo xeito, queremos transmitirlle os nosos parabéns a Agustín Fernández Paz a quen agardamos poder recibilo pronto no noso centro de estudos.

 


Enlace


 

http://www.xornal.com/artigo/2010/02/09/cultura/fernandez-paz-docampo-sinalados-mellores-autores-do-seculo-xx/2010020921330102682.html

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ir arriba