Versión en idioma castelán Correo Electrónico Home

Visita do senador Xosé Manuel Pérez Bouza

Data:

13 de Febreiro de 2009

Descrición:

Recibimos a visita do senador Xosé Manuel Pérez Bouza. Durante o seu percorrido polas instalacións do centro educativo tivo ocasión de interiorizarse das actividades pedagóxicas e culturais que desenvolvemos a cotío alén de manter un encontro co secretario xeral da Fundación Galicia América.

volver

 + info

  ir arriba

+ INFO

 

Xosé Manuel Pérez Bouza

 

Naceu en Caracas (Venezuela) o 15 de abril de 1970. É solteiro e desde o 25 de marzo de 2008 exerce como senador pola Comunidade Autónoma de Galicia, representando ao Bloque Nacionalista Galego (BNG). É o responsable Comarcal do BNG en Allariz - A Limia e membro do Consello Nacional do BNG.

Integra como portavoz o Grupo Parlamentario Mixto (GPMX) e é membro titular permanente da Deputación. Ademais, foi designado segundo Secretario da Comisión Xeral das Comunidades Autónomas na Cámara.

Tamén é portavoz nas comisións de Medio Ambiente, Agricultura e Pesca; Sanidade e Consumo; Mixta para o Estudo do Problema das Drogas; e vogal na Comisión de Nomeamentos.

Presentou relatorios de estudo acerca das necesidades de recursos humanos no Sistema Nacional de Saúde, no marco das tarefas da Comisión de Sanidade e Consumo. Tamén se desempeñou como portavoz do Grupo Municipal do BNG no Concello da Porqueira (período 1999-2003 e entre 2003-2007) e do Grupo Provincial do BNG da Deputación de Ourense (no lapso 2004-2008).

 

.::.

ir arriba