Versión en idioma castelán Correo Electrónico Home

Exposición diante do noso colectivo docente de Xosé Antonio Neira Cruz

Data:

22 de Abril de 2009

Descrición:

Ademais do frutífero encontro que Xosé Antonio Neira Cruz mantivo co alumnado maior do centro de estudos, pola tarde achegouse de novo ao instituto para realizar unha exposición diante do noso colectivo docente.

A charla, coordinada pola profesora Alicia Salvi(1) abordou a importancia do fomento da lectura. A necesidade da lectura en voz alta, do goce da literatura como un dos máis grandes tesouros da humanidade e a importancia desta para a formación persoal foron temas tratados nun encontro distendido e profundamente positivo.

Houbo tempo tamén para que o colectivo docente expuxera as súas opinións e relatara experiencias áulicas persoais.

 

(1) Mestra normal nacional e profesora en Letras (Universidade de Bos Aires). Formada polo profesor Nicolás Bratosevich, é coordinadora de obradoiros de escritura e está especializada en temas referidos á promoción da lectura, a literatura infantil e xuvenil e a escritura. Foi presidenta da Asociación de Literatura Infantil y Juvenil (ALIJA), escribiu artigos sobre a súa especialidade y compuxo materiais para docentes empregados na Secretaría de Educación do Goberno da Cidade de Bos Aires e o Ministerio de Educación de Arxentina onde capacitou docentes e bibliotecarios durante 16 anos. Formou parte do equipo do Plan Nacional de Lectura do Ministerio de Educación da Nación nos períodos 2000-2001 e 2003-2008. Foi xurado en distintos premios nacionais e internacionais.

volver

  ir arriba