AMargarita Ledo Andión
1951, Castro de Rei
Poeta, narradora,
ensaísta o
A súa
actividade xornalística e no eido documental pode solapar as súas
achegas literarias. Porén, Margarita Ledo Andión foi adiantándose ás
tendencias do seu tempo, especialmente no campo da poesía. Ofrece unha
escrita elaborada e por veces escura, mais de calidade adoito sinalada
pola crítica.
Comezou os
estudos de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago pero foron os
de Xornalismo os que remataría na Escola Oficial de Barcelona, en 1973.
Nesta cidade doutórase e exerce a docencia, na Facultat de Ciencies de
la Información da Universitat Autónoma, entre 1983 e 1991. Pero antes
pasa pola experiencia do exilio en Portugal, debido á súa militancia
nacionalista, na UPG. Marcha ao Porto en 1974, onde permanecerá ata o 76
traballando como lectora de lingua galega. A este país veciño, esta vez
a Lisboa, regresaría en 1982 co fin de gozar dunha bolsa da Fundação
Gulbenkian.
Cando
regresa a Galicia, no 77, traballa de redactora en El Ideal Gallego
e crea o semanario A Nosa Terra, que dirixe durante tres anos.
Ademais
participa na fundación da revista Escrita, órgano de expresión da
Asociación de Escritores en Lingua Galega, a revista galega de mulleres
Festa da Palabra Silenciada, A Trabe de Ouro, publicación
de pensamento crítico, e Europa de les nacións do Moviment
Nacionalitari Europeu. Na actualidade é catedrática de Comunicación
Audiovisual na USC.
Ábrese á
literatura pola poesía: en 1970 publica Parolar cun eu, nun intre,
con inseuto, coa que se adianta ás tendencias estéticas dominantes
naquel momento e inaugura modos de facer que se irán impondo con
posterioridade. A esta primeira obra, xa dunha madurez salientable,
séguelle O corvo érguese cedo, de 1973, coa que continúa rompendo
as inercias poéticas máis pegadas ao ruralismo e ao intimismo e se
achega aos presupostos sociopolíticos, ás preocupacións colectivas. Unha
compilación de textos poéticos atípicos, emitidos por unha radio pirata
galega en Barcelona, constitúen Linguas mortas. Serial radiofónico
(1989), realizado con Anna Turbau.
A súa
andaina como narradora comeza en 1983, co libro de relatos Mamá-fé,
para proseguila con dúas novelas, Trasalba ou Violeta e o militar
morto (1985) e Porta blindada (1990). Hai que engadir os
relatos de Historias como Barcelona, de 1993, e outros de autoría
colectiva. Caracterízase pola experimentación permanente na escrita, coa
mestura de códigos, pola combinación intencionada entre equilibrio e
distorsión e pola fragmentación. Nas súas obras o fracaso e a derrota
non lle restan espazo á esperanza.
Por outra
banda, a súa actividade investigadora faina achegar distintos traballos
ensaísticos baixo os títulos de Prensa e galeguismo (1982),
Foto-Xoc e xornalismo en crise (1988), O diario post-televisivo
(1992) ou Documentalismo fotográfico contemporáneo (1995).
Ademais, en
co-autoría cos bretóns Guyot e Michon, ofrece o libro Production
télévisée et identité culturelle en Bretagne (2000). Tamén achega
textos como Cine de Fotógrafos, Documentalismo fotográfico:
éxodos e identidad, Galicia-Finlandia: Modos de Pensar ou
Del Cine-Ojo a Dogma95.
Traballa no
campo da imaxe, tanto fotográfica como audiovisual, concretamente no
eido documental, como analista e como creadora. Margarita Ledo, arestora
é un referente no eido do pensamento documental e é considerada
dinamizadora deste tipo de imaxe, outorgándolle relevancia ao papel das
culturas minoritarias, en especial da área atlántica, dentro da
industria cultural. En canto aos traballos audiovisuais hai que destacar
Santa Liberdade (2004), no que conta o asalto, en 1961, ao
transatlántico Santa María por parte do Directorio Revolucionario
Ibérico de Liberación (DRIL), un grupo de anarquistas, galeguistas,
comunistas, masóns e socialistas, co fin de derrocar o réxime de Salazar
en Portugal e de Franco en España. Con esta investigación documental,
realizada a partir de testemuñas e sen voz en off, reconstrúese unha
historia espectacular de resistencia política.
Lavacolla,
1939
inscríbese na obra colectiva “Hai que botalos!”, e recorda os
prisioneiros que durante o franquismo construíron os aeroportos de
Alvedro e de Lavacolla. Ademais de presentar a figura do escritor Manuel
María noutro dos seus traballos documentais, a súa última achega é
Liste, pronunciado Líster. Nela cóntase a historia do canteiro,
miliciano e líder comunista galego Enrique Líster.
Fonte:
Fonte:
www.prazadasletras.org
.::.