Versión en idioma castelán Correo Electrónico Home


 

Alumnos do Nivel Secundario representan Galicia no FIBA

Data:

10 de Outubro de 2009

Descrición:

O pasado sábado, día 10 de outubro, dúas rapazas e dous rapaces de 4º e 5º cursos do nivel Secundario foron os encargados de representar a Galicia no VII Festival Internacional de Teatro de Bos Aires.

Coa lectura dun fragmento adaptado da obra teatral “A noite vai coma un río” do escritor mindoniense Álvaro Cunqueiro, que dirixiu o profesor de teatro do noso centro de estudos, Fernando Naval, achegaron a lingua e a literatura de Galicia a toda a colectividade e a aqueloutras persoas interesadas en afondar nun mundo marabilloso de ilusións e realidades.

Cómpre salientar tamén que ao público asistente se lle entregou unha tradución ao castelán do fragmento. Este traballo de translación lingüística realizouna o alumnado de 5º curso de Bacharelato.

Dende esta páxina, queremos agradecer o apoio do Sr. delegado en Bos Aires da Xunta de Galicia e, do mesmo xeito, os ánimos e o entusiasmo de todas as persoas que estiveron presentes na representación acompañando a magnífica interpretación dos actores e actrices.

Alén do anterior, desexamos tamén animar –sen facer distingos de ningún tipo– a toda a xente interesada na nosa cultura a que nos acompañen neste movemento de esparexemento cultural que o noso instituto emprendeu hai tempo e que vai continuar desenvolvendo, co fin de espallar e acrecentar o patrimonio cultural do noso pobo e así xunguir esforzos mancomunados que eviten a dispersión e pouca difusión dos traballos desenvolvidos.

volver

 + info

  ir arriba

+ INFO

 

Data da obra

 

.

 

 

 

TEXTO ADAPTACIÓN A NOITE VAI COMA UN RÍO

 

 

.::.

ir arriba