Alberto Núñez Feijoo
(Ourense, setembro de 1961)
Datos Académicos e Profesionais:
Licenciado en Dereito pola Universidade de
Santiago de Compostela.
Está en posesión do diploma de directivos
da Xunta de Galicia.
En 1985 ingresou na Administración
autonómica de Galicia, sendo membro do Corpo Superior da Administración
xeral da Xunta.
En xullo do 1991 foi nomeado Secretario
Xeral Técnico da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes e accedeu
tres meses máis tarde á Consellería de Sanidade e Servizos Sociais, para
desempeñar ata 1996 o cargo de Secretario Xeral.
Desde 1992 a 1996 foi vicepresidente e
secretario xeral do Servizo Galego de Saúde.
Ese ano foi nomeado Secretario Xeral de
Asistencia Sanitaria no Ministerio de Sanidade e Consumo e Presidente do
Insalud, cargos que ocupou ata o ano 2000.
Entre maio do 2000 e xuño de 2001 exerceu
de conselleiro - director xeral da entidade pública empresarial Correos
e Telégrafos e desde xuño de 2001 ata xaneiro do 2003 foi presidente da
Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos S.A.
Foi membro do Instituto Galego de
Oftalmoloxía; presidente do Padroado da Fundación Hospital Manacor;
presidente do Padroado da Fundación Hospital Alcorcón; presidente do
Consello Xeral do Insalud; conselleiro do Banco de Crédito Local e
conselleiro de Paradores de Turismo de España, entre outros.
Tamén exerceu como vogal titular do
Consello Asesor de Telecomunicacións, vogal do Consello de
Administración da Fábrica nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda,
presidente da Sociedade Estatal Correos e Telégrafos e presidente do
Consello de Administración de Chronoexprés S.A.
Foi distinguido coa Gran Cruz de Isabel la
Católica en outubro de 2003.
Foi nomeado Conselleiro de Política
Territorial, Obras Públicas e Vivenda o 18 de xaneiro de 2003 e
Vicepresidente Primeiro da Xunta de Galicia o 10 de setembro do 2004.
Datos Políticos:
Foi membro do Comité de Dirección do PP de
Ourense. 2002.
Foi membro do Comité provincial do PP de
Ourense. 2002.
Foi membro do Comité de Dirección do PP en
Pontevedra. 2004.
Foi membro do Comité provincial do PP de
Pontevedra. 2004.
Forma parte do Comité Executivo Nacional
do Partido Popular (desde o ano 2005).
Deputado autonómico do PPdeG por
Pontevedra. Agosto 2005.
Elixido Presidente do PPdeG no XIII
Congreso celebrado o 15 de xaneiro do 2006.
Fonte: www.ppdegalicia.com
.::.