O venres,
día 15 de maio, desenvolvemos no Salón Valle Inclán do Centro Galicia de
Bos Aires o acto institucional conmemorativo do Día das Letras Galegas.
Coma todos
os anos, neste 2009, o alumnado rendeu homenaxe á figura designada pola
Real Academia Galega como persoeiro destacado.
A través
dunha presentación dramática dirixida polos profesores Fernando Naval e
Ángeles Iglesias Conde e coa escenografía deseñada pola profesora
Alejandra Lorenzo, os rapaces e rapazas de sexto curso do nivel Primario
mostráronnos distintas facetas da personalidade de don Ramón Piñeiro.
Alén do
anterior, contamos tamén coa participación do grupo de Bailes e Cantos
Tradicionais da escola, do coro escolar do instituto e dun grupo musical
formado por rapaces do nivel secundario.
Cómpre
salientar que este acto contou coa asistencia de distintas autoridades;
entre elas, presidiu o acto o doutor don Iván Area Carracedo,
vicerreitor de Relacións Institucionais da Universidade de Vigo.
Poden
descargar o programa do evento nesta páxina. +
info
