Versión en idioma castelán Correo Electrónico Home

Visitounos a escritora Ánxela Gracián

Data:

09 de Setembro de 2009

Descrición:

A escritora Ánxela Gracián visitou o noso centro educativo e mantivo dous encontros co alumnado da institución.

O martes, día 8, pola tarde, realizou unha lectura interactiva do conto “Camiño Solitario” xunto cos nenos e nenas de 1º curso do nivel Primario. Neste obradoiro, ademais de escoitar á autora relatar o conto, o alumnado dramatizou o relato e, por último, os nenos e nenas pintaron cadanseu particular camiño con témpera.

O mércores, día 9, pola mañá, a escritora luguesa pronunciou unha charla ao alumnado de 4º e 5º cursos do nivel Secundario. Nese encontro a autora relatou vivencias persoais, significou a importancia da literatura nesta sociedade do entendemento e comentou algunhas das súas obras. O alumnado, que se mostrou sumamente interesado durante a charla, formulou preguntas variadas nas que as curiosidades vinculadas coa tradución de textos tiveron o seu espazo protagonista.

Moitas grazas, Ánxela, pola túa deferencia connosco.

volver

 + info

  ir arriba

+ INFO

 

Ánxela Gracián

 

Licenciada en Filoloxía Hispánica, subsección galego-portugués pola Universidade de Santiago de Compostela.

Escritora, tradutora, editora, crítica literaria e dinamizadora cultural.

É a actual vicepresidenta de Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil).

Non hai moito, presentou o seu  traballo de doutoramento “Tradición e renovación na literatura infantil e xuvenil galega”.

 

Ánxela Gracián publicou, entre outras, as obras:

 

- Cos petos cheos de cinza, (Everest Galicia, 1998).

- As bolboretas douradas, (Sotelo Branco Edicións, 1999).

- Eu tamén fun peliqueiro de Laza, (Everest Galicia, 2001).

- Chis Chisgarabís, (Tambre Edelvives, 2004).

- A toupiña cegarata, (Tambre Edelvives, 2005).

- Nun lugar chamado Labirinto, (Tambre, Edelvives, 2006).

- Camiño solitario, (Galaxia, 2006).

- Xoaniña rei-rei, cando casarei (Sotelo Blanco 2009).

- Pinga de choiva, (Xerais, 2009).

- Carrapeto, (Ediciones Macmilan 2009).

 

Como tradutora verteu ao galego autores de recoñecido prestixio internacional, tanto do ámbito infantil como da literatura para adultos.


De outras linguas ao galego:

 

- Margarite Yourcenar: Memorias de Hadrián.

- Blaise Cendrars: Contiños de negros para os rapaces dos brancos.

- Hugo Pratt: A batalla do mar salgado (Finalista do Premio OEPLI).

- Hugo Pratt. Patio oculto chamado Arcano. Editorial Galaxia, SA.

- Hugo Pratt. O desexo de ser inútil. Editorial Galaxia, SA.

- Xulio Verne: A illa misteriosa (Premio Plácido Castro 2008). Publicado por BIVIR.

- Xulio Verne. Miguel Strogoff. Editorial Sotelo Blanco, SA.

- Sandra Comino: A casiña azul. Editorial Galaxia, SA.

- María Teresa Andruetto: Stefano. Editorial Galaxia, SA.

 

Do galego para o castelán:

 

- Xosé A. Neira Cruz: La estrella de siete puntas (Valdemuller)

- An Alfaya: La sombra descalza (A sombra descalza).

- Concha Blanco: La vaca titiritera. (A vaca titiriteira).

- Xesús M. Marcos: El brindo de oro. (O brindo de ouro).

 

Desde 2004 traballa en Sotelo Blanco Edicións dirixindo as coleccións de:

 

- Docexvintedous (para mozos).

- Medusa Narrativa (para adultos).

- Medusa Ensayo (para adultos).

- Arlequín Teatro (adultos e nenos).

- Biblioteca Roberto Vidal Bolaño.

 

 

.::.

ir arriba