O alcalde de
Santiago de Compostela, don Xosé Antonio Sánchez Bugallo, visitou o noso
instituto e mantivo un encontro co alumnado do nivel Secundario da
institución educativa. Nel, o rexedor compostelán mostroulles aos
rapaces e rapazas unha visión xeral da cidade de Santiago na que non
faltaron detalles culturais, históricos e sociais. Tamén tivo tempo para
falar dos retos que se lle presentan á súa cidade no vindeiro ano 2010,
que vai ser Ano Xacobeo.
Xa na quenda
de preguntas houbo tempo para falar de todo un pouco. Dende a situación
económica mundial ata a situación lingüística en Galicia, os temas foron
xurdindo de xeito espontáneo a partir das preguntas formuladas polos
mozos e mozas, as cales o señor alcalde respondeu con suma amabilidade.
Máis aló do
anterior, o mandatario galego mantivo un encontro cos responsables
pedagóxicos da institución e co secretario xeral da Fundación Galicia
América, José María Vila Alén.