Con motivo dunha visita a Bos Aires, Xosé
María Dobarro tivo a deferencia de achegarse ao noso instituto e manter
un encontro co alumnado do nivel secundario. Nel, o catedrático da
Universidade da Coruña falou da situación da lingua galega na
actualidade e do futuro que ten por diante.
Os rapaces e rapazas tiveron tamén a
oportunidade de formularlle preguntas e, con elas, aprender da man dun
dos investigadores máis importantes e recoñecidos da Filoloxía Galega e
Portuguesa da actualidade.
Ademais, percorreu as instalacións do
instituto educativo e mantivo un encontro co secretario xeral da
Fundación Galicia América e cos responsables das áreas pedagóxicas da
institución, no que puido interiorizarse dos proxectos educativos que
desenvolvemos a cotío. Alén de todo iso tivemos a honra de que asinara o
libro de ouro da institución.