Versión en idioma castelán Correo Electrónico Home

O grupo poético musical Ouriol e o pintor Afonso Costa estiveron visitándonos

Data:

17 de Outubro de 2008

Descrición:

Este venres, 17 de outubro, o grupo poético musical Ouriol e o pintor Afonso Costa estiveron visitando o Instituto Santiago Apóstol.

Neste encontro presentáronlle ao alumnado o espectáculo “De amor e morte” Ouriol constituíuse no 2000, como confluencia das diversas traxectorias creativas dos seus membros: a capacidade expresiva da poeta e comunicadora Eva Veiga, responsable da selección poética de todos os espectáculos do grupo, foi dar coa sensibilidade e a axilidade improvisadora de dous músicos con ampla experiencia no mundo do jazz e da música para teatro, "xerando unha feliz combinación onde a palabra e a música van da man para transmitir con enorme forza a verdade da poesía dos máis variados autores e momentos". Todo isto, baixo a coordinación de Comba Campoy e coa dirección sonora de

Ademais, durante a actuación, proxectáronse imaxes de cadros realizados por Afonso Costa e alén diso, o propio pintor realizou “in situ” tres pinturas con rotuladores.

Posteriormente, asinaron o libro de ouro do centro educativo e Afonso Costa deixou nel unha maxistral pegada da súa obra.

Moitas grazas por vir vernos e grazas á Consellaría de Cultura da Xunta de Galicia por ternos permitido este encontro pedagóxico de tan alto nivel.

Poden obter máis información nos seguintes enlaces:

http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=EvaVeiga

http://www.peatom.info/3y3/musicas/18959/el-vuelo-de-la-oropendola/

http://www.eldiariodeferrol.com/archivos/barbantia/19/barbantia1.pdf

volver

ir arriba