Departamento de Lingua e Literatura Galega
Niveis Incial e Primario

 
Nivel Secundario


 

Visita da compañía "Teatro del Andamio"

Data:

1 de Xullo de 2008

Descrición:

O pasado martes, 1 de xullo, tivemos a sorte de recibir na nosa institución educativa a compañía dramática galega “Teatro del Andamio”, a cal estivo actuando para o alumnado maior do instituto. Representaron a obra “A lingua das bolboretas” baseada nun dos contos que compoñen o libro “Que me queres amor?” de Manuel Rivas.

Álvaro Guevara no papel protagonista fixo que os rapaces e rapazas tiveran un encontro fiel cun pasado non tan afastado e difícil de entender da nosa terra.

A infancia de Monchiño, un neno de seis anos, é lembrada polo actor cunha tenrura chea de reflexión e dramatismo que nos achega a eses tristes momentos da primavera de 1936 previos ao estoupido da Guerra Civil española.

Durante a actuación, recordamos o primeiro día de escola do rapaz, a ledicia que sentía cando aprendía cousas novas, o respecto e admiración que o alumno tiña polo mestre don Gregorio e a tristura escaldada por un momento no cal a supervivencia tinguiu de desesperanza o futuro dunhas xentes que, presas polo medo mentres no seu interior o voitre esnaquiza o seu futuro sen remisión, deben asistir a un desesperante final.

A compañía permitiu achegar ao alumnado unha arte, que, como dixeron os profesores Fernando Naval e Ángeles Iglesias Conde na presentación dos artistas, serve para formar, máis aló de divertir. Ademais de Álvaro Guevara, estiveron connosco Manu Clavijo (música en vivo) e Anxo Tirado (iluminación) aos cales lles agradecemos fondamente a súa deferencia connosco e todas as ensinanzas que nos deixaron.

volver

 + info

  ir arriba

+ INFO

Teatro del Andamio

www.teatrodelandamio.com

 

Poden ampliar esta información visitando a páxina web da compañía: www.teatrodelandamio.com

ir arriba