O pasado venres, 16 de maio, recibimos a
visita na nosa institución da Sra. María Sol López Martínez, secretaria
xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Ademais de compartir
un almorzo cos membros da Delegación arxentina da Fundación Galicia
América, percorreu as instalacións do centro educativo e visitou as
obras do 5º piso, a piques de rematar.