O pasado mércores, día 10 de setembro,
recibimos na nosa institución a visita do máximo mandatario da
Deputación de Lugo, don Xosé Ramón Gómez Besteiro.
O señor presidente, máis aló de percorrer
as instalacións educativas e saudar aos directivos da Fundación Galicia
– América, mantivo un longo encontro co alumnado do instituto, no cal
–entre outras cousas– lles explicou a maneira de participar nos
proxectos que a Deputacion de Lugo desenvolve.
Os rapaces e rapazas do nivel secundario,
reunidos no salón de actos do centro escolar, someteron ao presidente a
unha intensa quenda de preguntas de temática variada, pero centrándose
fundamentalmente na provincia luguesa. Entre xogos e didáctica, don Xosé
Ramón achegoulles “a aposta polo medio ambiente e as novas tecnoloxías
que está a levar adiante a Deputación”.
Para rematar, e co obxectivo de afondar no
uso tecnolóxico, o presidente fíxolles entrega aos rapaces e rapazas
dunha memoria dixital de carácter educativo.
Moitas grazas, don Xosé Ramón, pola súa
visita.