Versión en idioma castelán Correo Electrónico Home

Visitounos o premio Novel da Paz, Adolfo Pérez Esquivel

Data:

21 de Outubro de 2008

Descrición:

Grazas ás xestións desenvolvidas pola delegada da Xunta de Galicia en Bos Aires e ao interese mostrado polo escultor e arquitecto arxentino, o alumnado de Bacharelato puido escoitar de primeira man as reflexións deste ser humano universal.

Don Adolfo, dando mostra dunha gran sinxeleza e humildade, achegouse á nosa institución e, máis aló de percorrer as instalacións do centro educativo e interiorizarse do funcionamento pedagóxico, transmitiunos a todos os presentes ensinanzas de futuro e baseamentos humanísticos fundamentais, que endexamais se deberían esquecer.

Tivo tamén oportunidade de dialogar co alumnado e responder as súas preguntas, todas presididas polo interese manifesto que os mozos e mozas mostraron diante desta ilustre visita.

Logo da charla, o premio Novel asinou o libro de ouro da institución en presenza dos membros da delegación arxentina da Fundación Galicia América, autoridades da delegación da Xunta de Galicia e responsables pedagóxicos e administrativos do instituto.

Moitas grazas, don Adolfo por vir vernos.

Moitas grazas tamén, dona María Xosé, por lembrarse sempre de nós.

volver

ir arriba