O pasado mércores, día 23, Marisa Irima
compartiu co noso alumnado de 4º, 5º, 6º e 7º curso do nivel primario
unha xornada chea de emocións e ledicias.
A través de distintas actividades
prácticas, a prestixiosa ilustradora galega foi interactuando co
alumnado e percorrendo as distintas etapas da creación literaria
gráfica.