Luís Celeiro
Licenciado en Ciencias da Información,
(rama de Xornalismo), pola Universidade Complutense de Madrid, é doutor
en Socioloxía e Ciencias Políticas pola Universidade de Santiago de
Compostela, na que traballa actualmente como xefe do Gabinete de
Comunicación e como profesor Asociado na Facultade de Ciencias da
Información.
OBRAS REALIZADAS
A súa actividade como xornalista comeza en
"A Nosa Terra" (cando aínda era estudante, en 1998), logo foi director
do semanario "Tempo Galego", correspondente de Diario 16 en Galicia,
colaborador de La Voz de Galicia, El Progreso, El Correo Gallego e O
Correo Galego, xunto con outra serie de publicacións diarias e semanais.
En 1986, despois de dous anos na Administración Autonómica como xefe do
Gabinete de Comunicación da Consellería de Educación e Cultura,
incorpórase como xornalista ao cadro de persoal da Universidade de
Santiago. En 1991 volve á Xunta de Galicia, con nomeamento de xefe do
Gabinete do Conselleiro, primeiro, de Relacións Institucionais e,
despois, de Cultura. En xuño de 1996 retoma a súa actividade como
director de Comunicación da Universidade de Santiago. Do traballo que
realiza na Universidade destaca a actividade académica como profesor de
"Xéneros Xornalísticos de Opinión e Interpretación" e como investigador
no campo da Comunicación nas organizacións, tema sobre o que ten varias
publicacións. En 1997, a Universidade encárgalle a dirección da súa
publicación xornalística e, en novembro de 1999, a do diario dixital
USC. Xornal electrónico, o primeiro diario electrónico das universidades
do Estado Español. .
.::.