Departamento de Lingua e Literatura Galega
Niveis Incial e Primario

 
Nivel Secundario


 

Visita de Francisco Soñora Luna

Data:

29 de Maio de 2008

Descrición:

O pasado xoves, día 29, grazas ao interese mostrado pola señora María Xosé Porteiro, Delegada da Xunta de Galicia en Bos Aires, o noso alumnado do nivel secundario tivo a oportunidade de compartir experiencias co profesor Francisco Soñora Luna, quen visitou Bos Aires para impartir unha conferencia no marco das Xornadas sobre cambio climático que organizou a devandita delegación (http://novas.xunta.es/node/9961).

Don Francisco é o responsable do proxecto “Climántica” (www.climántica.org). Este é o novo proxecto de educación ambiental da Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia en colaboración coa Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa do goberno galego. Este proxecto é froito do traballo en equipo levado a cabo por diferentes expertos e que se iniciou en setembro de 2006. O equipo Climántica consta de catro grupos de traballo –didáctica, edición gráfica, multimedia e asesoría científica – que traballan coordinados mediante o uso dunha plataforma situada na intranet da web do proxecto.

Durante dúas horas, os rapaces e rapazas do instituto asistiron ás explicacións do profesor, formularon preguntas e expuxeron as súas inquedanzas nun clima de atención e interese máximo. Na última parte do encontro, o alumnado de 4º curso realizou unha actividade dinámica de grupos para avaliar ideas previas sobre causas e efectos do cambio climático.

Moitas grazas, Francisco, pola súa visita.

volver

  ir arriba