Conselleira Laura Sánchez Piñón
Laura Sánchez Piñón é Conselleira de
Educación e Ordenación Universitaria no Goberno galego desde agosto de
2005. Nestas tres anos introduciu importantes melloras no ámbito
educativo apostando pola utilización das tecnoloxías da información e a
comunicación e pola aprendizaxe de linguas estranxeiras. No contexto
universitario, Galicia está inmersa no proceso de adaptación ao Espazo
Europeu de Educación Superior, que supón un novo palco escénico
caracterizado pola homologación de títulos e a mobilidade de estudantes
e profesores entre os países da Unión Europea.
Nace en Bos Aires o 5 de decembro de 1954.
É Doutora en Ciencias Biolóxicas e
Catedrática de Xenética na Universidade de Santiago de Compostela, en
onde foi adxunta ao Vicerrectorado de Coordinación do Campus de Lugo
desde 1994 ata 1998. Realizou estudos de especialización na Universidade
de Roma (Italia), Würzburg (Alemaña) e Cagliari (Italia). Foi EMBO
Senior Fellowship no Fuman Genome Mapping Project-Resource Centre en
Cambridge (Reino Unido).
Autora de máis de 80 publicacións
internacionais recolleitas no Science Citation Index, foi directora de
dez teses de doutoramento. Así mesmo, Sánchez Piñón dirixiu numerosos
proxectos nacionais e internacionais en relación con diversos temas de
xenética básica e aplicada. Membros do comité editorial de numerosas
revistas internacionais, pertence a diversas sociedades científicas,
entre elas a American Association for the Advancement of Science.
Dirixiu un grupo de investigación de 20
persoas que realiza investigación aplicada no campo da genómica de
peixes e colaborou coas principais empresas galegas do sector.
Desde 1994, o seu traballo académico
estivo moi ligado ás políticas científicas da Universidade de Santiago
de Compostela, en onde ocupou diferentes cargos.
.::.