Día de Galicia 2008
O mércores, 23 de xullo o Instituto Santiago Apóstol
celebrou institucionalmente o Día de Galicia, festividade de
importancia máxima para o centro educativo ao igual que para
a terra que é o xermolo desta iniciativa pedagóxica en Bos
Aires.
Nesta
ocasión, co gallo da declaración por parte da UNESCO deste
2008 como “Ano Internacional das Linguas”, o alumnado dos
diferentes niveis da institución preparou un acto que
pretende achegar a toda a comunidade escolar e non escolar
unha preocupación de interese máximo para todas as culturas
do planeta.
Cada 15
días unha lingua desaparece deste mundo que habitamos; cada
dúas semanas unha maneira de dicir “quéroche moito” deixa de
escoitarse ao longo dos horizontes da esperanza colectiva e,
con iso, empobrece simultaneamente o noso espírito.
Segundo testemuñan os lingüísticas e expertos na materia, a
metade das 6900 linguas do planeta están en perigo de
desaparición e con elas, como dicía don Ramón Otero Pedrayo,
irase para sempre –oxalá que non– unha cultura que ninguén
xa fará coñecer máis entre os vivos.
Concienciar á xente do perigo que isto supón para a esencia
patrimonial da nosa especie, achegar unha visión moderna e
real do que isto representa será o eixe central do acto que
desenvolveremos e no cal agardamos poder contar coa súa
presenza.
Pecharemos o evento mostrando outra realidade: a loita dun
idioma (a lingua galega) e dos seus falantes por manter
vivas as súas tradicións, por achegar novos alicerces de
esperanza de futuro para a súa esencia como pobo está dando
os seus froitos.
A
presenza do conxunto de baile
e canto tradicional da escola, do coro escolar, do grupo de
música folk “Proxecto Apóstolo” e a actuación dalgúns
rapaces e rapazas do nivel secundario con dúas propostas
diferentes fixeron de roncóns reivindicativos ante a realidade
antes dita.
Aproveitaremos ademais para facer entrega dos trofeos dos
“Xogos do Santiago 2008” nos que participa todo o alumnado
do centro educativo dividido en catro equipos que
representan ás catro provincias galegas.
+Máis
Imágenes
+Máis
Info
ir arriba