Versión en idioma castelán Correo Electrónico Home

VISITA OFICIAL POLO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2008

Data:

16 e 17 de Maio de 2008

Descrición:

O Sr. Presidente da Xunta de Galicia viaxou a Bos Aires para celebrar os actos oficiais correspondentes ao Día das Letras Galegas 2008. Nesta visita, ademais de altos cargos políticos, acompañaron a don Emilio Pérez Touriño senlleiras personalidades culturais galegas entre as que podemos citar a Xesús Alonso Montero, Isaac Díaz Pardo ou Claudio Rodríguez Fer.

Dentro das actividades que o señor Presidente desenvolveu, o noso instituto estivo presente contribuír nos actos desta emotiva celebración.

Dese xeito, o venres 16 de maio, no Teatro Castelao do Centro Galego de Bos Aires, o alumno de 4º curso de Bacharelato, Florentino Abad Troncoso, e a alumna de 3º curso do mesmo nivel educativo, Ximena Alvite, interpretaron co acompañamento de Amancio Prada os poemas “Ai, madre, o por quen eu choro” do “Cancioneiro de Monfero” e “Sin voz” de “Canle segredo”, ambos os dous poemarios de don Xosé María Álvaarez Blázquez.

O sábado, no multitudinario encontró que o Presidente mantivo coa colectividade galega no pavillón de deportes do Centro Galicia de Bos Aires, ademais dos alumnos citados antes, tamén interpretaron poemas do autor homenaxeado os alumnos de 3º de Bacharelato Tamara Moreno, quen leu o poema “Foguetes” do poemario “Poemas de ti e de min” e Santiago Peralta, quen leu “Vinde todos ollar á miña nena” de “Roseira do teu mencer”.

Ademais das excelentes interpretacións anteriores, o coro escolar do instituto, baixo a dirección da profesora Susana Ferré e acompañado á guitarra por Juan Manuel Naya, preparou para presentar nesta data tan especial, o tema “O meu país”.

O escritor Manuel Rivas, na visita que realizou á institución educativa, interpretou como agasallo para o alumnado un anaquiño desta canción composta por Miro Casabella sobre un texto de Juan Manuel Casado.

Como homenaxe á liberdade, ao respecto entre semellantes, á solidariedade entre os pobos e, por suposto, en sinal de admiración cara a aqueles que mantiveron viva a nosa cultura xunto coa nosa lingua dende os albores dos tempos, o noso coro escolar quixo pór tamén o seu graíño de area nestas celebracións.

volver

 + info

  ir arriba

+ INFO

DÍA DAS LETRAS GALEGAS NO SANTIAGO APÓSTOL

 

Ver

ir arriba