Versión en idioma castelán Correo Electrónico Home

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2008

Data:

15 de Maio de 2008

+Info:

 

Enlace á páxina "Lembrando a Galicia" para ver o programa no que participaron os alumnos.

Descrición:

Celebrouse –coma cada ano– o Día das Letras Galegas. Nesta ocasión, dedicouse a recordar a figura do escritor Xosé María Álvarez Blázquez.

Nese sentido as institucións públicas, centros de ensino, bibliotecas, asociacións e federacións culturais dependentes da Xunta de Galicia dedicaron unha parte das súas actividades a poñer de relevo a obra desta poeta que tanto fixo polas letras galegas. Por iso, para todos os organismos que traballan en favor da cultura galega, este día ten un especial valor simbólico.

O Instituto Santiago Apóstol, como en anos precedentes, sumouse a estas conmemoraciones coa celebración dun acto no cal se desempañaron os alumnos dos niveis primario e secundario.

Foron varias as actividades artísticas desempeñadas polos alumnos para homenaxear a Xosé María Álvarez Blázquez. O alumnado de 6 grao do nivel primario presentou unha obra baseada no conto "A pega rabilonga" do homenaxeado autor. O grupo de canto e bailes tradicionais e o coro escolar deleitáronnos con "A Carolina", "Muiñeira de Vilar", "Muiñeira A Freixa" e "O meu país". Estas actividades artísticas foron concluídas por un grupo de música composto por alumnos do nivel secundario baixo a dirección do gaiteiro Daniel Pazos.
O peche dos festexos polo Día das letras Galegas 2008 estivo a cargo do Director do Nivel Primario e o Reitor do Nivel Secundario.

volver

Fotos: Diana Sebastián (4º A Secundario)

            ir arriba