Versión en idioma castelán Correo Electrónico Home

A DELEGADA DA XUNTA DE GALICIA EN BUENOS AIRES María Xosé Porteiro VISITA O COLEXIO E FALA COS ALUMNOS DE SECUNDARIA SOBRE O FUTURO DOS GALEGOS EN ARGENTINA

Data:

25 de Agosto de 2008

Descrición:

Este luns, 25 de agosto, recibimos con enorme ledicia a visita de dona María Xosé Porteiro, delegada da Xunta de Galicia en Bos Aires.

Queremos agradecerlle fondamente a súa presenza no noso instituto, pois este centro educativo, obra da Xunta de Galicia e do Centro Galicia de Bos Aires, forma parte perenne desa Galicia global na que todos nós nos asentamos e á cal a señora delegada contribúe cos seus esforzos cotiáns.

Nós, pola nosa parte, tratamos de achegar as nosas frangullas de ilusión, traballos responsables e propostas permanentes. Desexamos ser merecentes de enarborar a bandeira dos devanceiros con orgullo e horizontes renovados.

Grazas, María Xosé, por ternos sempre presente.

volver

 + info

  ir arriba

+ INFO

Fonte: http://novas.xunta.es/node/11109

 

A DELEGADA DA XUNTA EN BUENOS AIRES VISITA O COLEXIO SANTIAGO APOSTOL E FALA COS ALUMNOS DE SECUNDARIA SOBRE O FUTURO DOS GALEGOS EN ARXENTINA

Buenos Aires - 25/08/2008 - Gabinete de Comunicación - Delegación Xunta de Galicia

   

  • María Xosé Porteiro fixo un percorrido polas instalacións deste centro educativo do Centro Galicia de Buenos Aires e reuniuse coa xunta directiva da institución.

  • O centro conta con preto de 500 alumnos dende educación infantil ata 4º ano de educación secundaria que estudan lingua, literatura e cultura galega como materias obrigatorias.

A Delegada da Xunta de Galicia en Buenos Aires, María Xosé Porteiro, vén de manter un encontro cos alumnos de secundaria do Colexio Santiago Apóstol da capital arxentina para analizar os retos de futuro da colectividade galega no país austral.

 

No coloquio entre os alumnos e a Delegada falouse da situación actual da lingua galega e da aposta que a colectividade galega fai pola diversidade cultural. “Os galegos de hoxe en Arxentina –salientou Porteiro na súa intervención- preocupámonos pola diversidade das linguas e das culturas. É un dos nosos retos e unha das achegas máis valiosas que podemos facer a esta sociedade na que vivimos”.

 

Neste sentido, destacou o traballo que se está a levar a cabo no colexio e valorou as experiencias que se fomentan como a celebración, no mes de xullo, do Ano Internacional das Linguas, que poñen en valor as peculiaridades dos pobos orixinarios e a defensa das falas minorizadas.

 

Ao respecto, comentoulles aos alumnos a súa experiencia nunha recente viaxe á Patagonia arxentina con dous representantes dos pobos tehuelche e mapuche, na que falaron de lingua, igualdade de xénero e defensa do medio ambiente. Neste sentido, indicou que estes son probablemente as áreas principais onde Galicia poda xogar un papel de relevancia na sociedade arxentina actual. “Vós conxugades a cultura e a tradición de Galicia coas vosas vivencias e experiencias como arxentinos. Ese é o enorme potencial que podedes achegar tanto en Arxentina como a Galicia para contribuír ao seu futuro mellor”.

 

Este encontro tivo lugar no marco dunha visita institucional que a Delegada da Xunta de Galicia realizou ao Colexio Santiago Apóstol. Ao longo da mesma tivo ocasión de coñecer as súas instalacións e manter unha xuntanza de traballo coa xunta directiva da institución.

 

500 alumnos do primeiro colexio galego na emigración

 

O Instituto Santiago Apóstol da capital arxentina ten na actualidade preto de 500 alumnos dende educación infantil ata cuarto ano de secundaria. Comezou o seu funcionamento no ano 1998 co obxectivo de crear un proxecto educativo bicultural (galego-arxentino) en todos os niveis de ensinanza. Converteuse no primeiro colexio galego na emigración, ao incorporar aos seus plans de estudo as materias e os mesmos requisitos que para lingua e cultura galega se esixen nos propios centros da Galicia territorial.

 

Os alumnos fórmanse aquí co aval da educación regrada arxentina xunto cos valores esenciais da cultura galega. Nos eu ideario figuran, segundo eles mesmos destacan, o coñecemento da cultura, al ingua, as tradicións, a historia, o folclore e a arte galegas.

 

Fonte: Xunta de Galicia

ir arriba