O coro do instituto abriu o "Encontro
Coral" que organizou o pasado venres, 27 de xuño, a Comisión de Cultura
do Centro Galicia de Bos Aires. Diante do público que enchía o Salón
Valle Inclán da institución galega, os rapaces e rapazas que compoñen o
noso coro infantil, interpretaron en primeiro lugar a canción "O meu
país" de Xoán Manuel Casado e Miro Casavella e, posteriormente, a
cantiga tradicional galega "A muller do tío Mateu".
Os aplausos e recoñecementos posteriores
non fixeron máis que pór en alza o traballo desenvolvido polo alumnado e
o excelente labor da súa directora, Susana Ferré, quen, en tan só 3
meses de ensaios, está levando esta actividade formativa a cotas de
excelencia máxima. Xunto con eles, actuaron tamén o "Coro da escola de
música número 5", o "Coro do Centro Galicia", o "Coro Inti" e o "Coro
Meta Canto".
De maneira especial, queremos agradecer a
colaboración de Juan Manuel Naya Ferré quen, unha vez máis, fixo un oco
dentro das súas múltiples ocupacións para acompañar aos nenos e nenas
nesta importante ocasión.