O pasado xoves, 10 de outubro, visitounos
o alcalde da localidade coruñesa de Sada, don Abel López Soto.
Con motivo da súa visita a Bos Aires para
repatriar os restos do galeguista Ramón Suárez Picallo, don Abel quixo
coñecer a nosa institución e interiorizarse das actividades que
desenvolvemos a cotío. Acompañado por dona Ana Miranda, responsable da
Comisión de Emigración do Bloque Nacionalista Galego, por José María
Vila Alén, secretario xeral da Fundación Galicia América, e polas
autoridades educativas do centro escolar percorreu as nosas instalacións
e conversou sobre diferentes aspectos educativos de actualidade.