|
O martes, 14 de agosto de 2007, a actriz
realizou xogos de palabras para crear historias cos nenos e nenas do 2º
ciclo de Educación Primaria e o mércores, 15 de agosto, explicou algúns dos
recursos prácticos para recitar poesía con material en galego ao alumnado do
nivel Secundario.
María Inés é graduada pola Escola Nacional de
Arte Dramática de Bos Aires e complementou a súa formación con moi variados
cursos.
Como actriz, realiza espectáculos sobre
contos, lendas e poemas para público infantil e adulto.
Participou nas series televisivas “As
viaxeiras da Lúa” e “Rías Baixas”. Tamén colaborou coa “Cadena Ser” de radio
lendo poemas. Ademais dirixiu o programa de contos “A media luz” en Radio
Oleiros. |