Versión en idioma castelán Correo Electrónico Home

FIRMA CONVENIO COA UCES

Data:

14 de Decembro de 2007

Descrición:

O pasado 14 de decembro asinouse un Convenio Xeral entre a UCES, representada polo Vicerrector General Dr. Juan Carlos Gómez Barinaga, e a Fundación Galicia América - Instituto Argentino Gallego Santiago Apóstol, representada neste acto polo seu Secretario Xeral Dr. José María Vila Alén.
O obxectivo institucional é desenvolver unha cátedra preuniversitaria de carácter extracurricular, para aplicar Contidos Diferenciados como complemento do Plan de Estudos Oficial explicitado no Proxecto Educativo Institucional; coa metodoloxía e os programas adecuados ao sistema de articulación co nivel do ensino superior.
Esta proposta foi elaborada tendo en conta os obxectivos xerais do Nivel Secundario: a inserción activa e responsable como cidadáns na vida democrática da comunidade; a continuación de estudos superiores e a preparación para a vida produtiva.

volver

 

                ir arriba