|
"Hoxe é un día especial para o noso instituto.
Estamos reunidos neste salón de actos para darlle a benvida a unha das máis
importantes figuras da literatura galega de todos os tempos.
O Instituto Santiago Apóstol é o primeiro
centro educativo fóra de España no que se estuda oficialmente a cultura
galega. Aquí aprendemos lingua e literatura galega, historia e xeografía de
Galicia, bailes e cantos tradicionais, etc. É dicir, aprendemos a cultura
dos nosos pais e avós e a cultura daqueles que tiveron que deixar
forzosamente a súa terra para instalarse neste país ao que axudaron a
construír.
Polo tanto, para nós, Manuel, o poder
compartir uns momentos con vostede escoitando as súas palabras e pensamentos
énchenos dun enorme orgullo xa que coñecemos a súa obra e apreciámola moito.
Pero, por riba de todo, saiba que neste
instituto temos un gran cariño, respecto e admiración pola súa persoa e por
todos os traballos que desenvolve en defensa de Galicia.
Sabemos das súas múltiples ocupacións e de
todas as obrigas que ten que atender; por iso, agradecémoslle máis aínda se
cabe a xenerosidade que tivo connosco.
Moitas grazas por vir vernos". |