|
Continuando co crecemento institucional
previsto, o pasado día 23 de novembro abriuse unha nova sala de Informática
no noso centro educativo. A transcendencia que na nosa institución damos ás
novas tecnoloxías na educación de calidade que propugnamos vese reflectida
nesta nova aula que conta con 26 ordenadores de última xeración con pantalla
de plasma, configurados en rede e con acceso a Internet que foron doados
pola Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia.
A señora Purificación Hombre Erias,
subdirectora xeral do CIXTEC (Centro Informático para a Xestión Tributaria
Económico – Financeira e Contable) do Goberno Autonómico Galego, visitounos
para realizar a inauguración formal.
Na súa alocución diante do alumnado, a
subdirectora xeral subliñou a importancia fundamental das ferramentas
informáticas para lograr unha educación de calidade neste século XXI.
Aconselloulles aos rapaces e rapazas que aproveitaran todos os elementos
tecnolóxicos, que na nosa institución están ao seu dispor, para unha
correcta formación persoal e, sobre todo, que entenderan o ordenador como un
útil máis da aprendizaxe.
Deixamos constancia do noso agradecimiento ao
Sr. Conselleiro de Economía e Facenda Don Xosé Ramón Fernández Antonio.
|