Versión en idioma castelán Correo Electrónico Home

VISITA DE DON PEDRO CASELLES BELTRÁN

Data:

25 de Setembro de 2007

Descripción:

O martes, 25 de setembro, recibimos no instituto a ilustre visita de don Pedro Caselles Beltrán.

Pedro Caselles é licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade Complutense de Madrid. En 1965, comezou a súa carreira como Inspector de Educación do Estado Español en Lugo e, despois continuou a súa carreira en Valencia, Guadalaxara e Madrid. Foi Delegado Provincial do Ministerio de Educación de España en Cádiz e A Coruña e, desde 1976, desenvolveu cargos de alta responsabilidade na Dirección de Centros non Estatais, na Educación Básica e en Investigacións e Documentación Educativa. Tamén foi Conselleiro Técnico no Concello de Madrid. En Bos Aires, durante seis anos, desempeñou o cargo de Conselleiro de Educación e Ciencia da Embaixada de España en Arxentina, Uruguai, Paraguai e Chile. Realizou multitude de estudos e investigacións no campo pedagóxico.

A súa traxectoria exemplar fixo que Tomiño, a súa vila natal, o nomease fillo predilecto. Ademais, nesa localidade pontevedresa, un colexio e unha biblioteca levan o seu nome. Tamén en Montevideo, unha aula do Colexio Español Miguel de Cervantes ostenta o mesmo honor.

Moitas grazas don Pedro por todo.

volver

 

                ir arriba