Versión en idioma castelán Correo Electrónico Home

CONCERTO NO COLEXIO DA ORQUESTRA DE CÁMARA GALEGA

Data:

15 de Agosto de 2007

Descripción:

O pasado mércores, día 15, estivo ofrecendo un concerto para o alumnado da institución a Orquestra de Cámara Galega.

 

A orquestra segue o modelo de dirección do século XVIII a través da figura do director concertino, posto ocupado dende a súa fundación por Rogelio Groba Otero.

 

Estes profesionais, formados en distintos conservatorios europeos, presentan un repertorio que abarca diferentes épocas e estilos, dende o Barroco ata a actualidade, facendo especial fincapé naqueles autores de nova creación, así como tamén na difusión da obra de Rogelio Groba Groba.

 

O alumnado, o colectivo docente e o equipo directivo do instituto quere, pois, agradecerlles a estes grandes profesionais a súa deferencia co noso centro educativo.

 

volver

 Máis información

                ir arriba