Departamento de Lingua e Literatura Galega
Niveis Incial e Primario

 
Nivel Secundario


 

VISITA DO XORNALISTA ARTURO LEZCANO GONZÁLEZ

Data:

31 de Outubro de 2007

Descrición:

Hoxe 31 de outubro, visitounos o xornalista Arturo Lezcano González. Foi unha conferencia mobilizadora. Comezou a parola abarcando o tema de “a vocación”, o espertar ao que un desexa, como facer o mellor dunha profesión, e nunca perder o obxectivo. Estableceu as diferencias entre: a radio, a televisión, a prensa gráfica, a consultora de prensa, os xornalistas de Internet, e os correspondentes (free lance). Dunha maneira amena conduciunos ao mundo da crónica e a elaboración do texto gráfico. Profundizó acerca do deber ético de todo xornalista (gardar as fontes de información), a pasaxe das entrevistas orais á escritura, o poder de reinventarse etcétera.

Toda unha experiencia de vida deste xornalista de La Voz de Galicia, Televisión de Galicia, e Radio Galega, que sóubonos mostrar de maneira clara e comprometida a capacidade dun profesional serio, dedicado, e brillante no seu traballo, sen deixar de lado o Humano.

 

Profesora: Andrea Claudia María Ríos

volver

 Máis información

                ir arriba

BIOGRAFÍA

Arturo Lezcano González naceu en Ferrol (A Coruña) o día 18 de outubro de 1976. É xornalista licenciado en Ciencias da Información pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballou para distintos medios de comunicación como Antena 3 TV, La Opinión de A Coruña, La Estrella Digital, El Mundo, Tempos Novos ou Deporte Campeón. Dende o ano 2006 é correspondente para América Latina de La Voz de Galicia, Televisión de Galicia e Radio Galega ademais de ser colaborador habitual nas revistas Tiempo e Capital.

Tamén é fundador e codirector da produtora Maresia Producciones Audiovisuales que ten como obxectivo ofrecer unha cobertura informativa e de contidos audiovisuais a televisións europeas en toda Latino América.

Arturo Lezcano escribiu o libro Cheché Martín: fútbol sobre lenzo, publicado por Edicións Lea que relata a vida deste futbolista, pintor e exiliado en Sudamérica e Francia.