|
|
FOTOGRAFÍAS INSTITUCIONALES |
 |
|
|
 |
6º ENCONTRO DE BIBLIOTECAS DE
COLECTIVIDADE |
 |
|
|
Data: |
11 de xuño de 2011 |
|
|
Descrición: |
O Instituto
Arxentino Galego Santiago Apóstolo participou
do 6º Encontro de Bibliotecas
de Colectividades que se desenvolveu no Complexo Cultural e
Ambiental “Xardín Xaponés”, organizado por
a Biblioteca de Cultura Xaponesa e Ambiental de Cidade
Autónoma de Buenos Aires; a Biblioteca “Matxin Burdin” do
Centro Basko “Euzko Etxea” da Prata e a Biblioteca Galega de
Bos Aires da Federación de Asociacións Galegas da República
Arxentina.
|
|
|
|
|
 |
Vídeoconferencia con Xosé
Neira Vilas |
 |
|
|
Data: |
26 de maio de 2011 |
|
|
Descrición: |
O alumnado
do nivel secundario e dos cursos máis avanzados do nivel
primario da nosa institución tivo a honra de poder manter un
encontro con don Xosé Neira Vilas a través dunha
videoconferencia que conectou Galicia co Salón Xacobeo do
noso instituto o pasado martes, 26 de maio.
Os mozos e
mozas escoitaron atentamente a intervención de don Xosé e,
logo da conferencia do ilustre escritor, realizáronlle unha
xeira de preguntas que amablemente foron por el respondidas
e permitiron coñecer de primeira man momentos transcendentes
da súa vida e obra.
|
|
|
|
|
 |
Día Das Letras Galegas 2011 |
 |
|
|
Data: |
20 de maio de 2011 |
|
|
Descrición: |
O pasado venres, 20 de maio, o Instituto
Santiago Apóstol festexou o Día das Letras Galegas.
Este ano, os rapaces e rapazas rendéronlle
homenaxe ao poeta Lois Pereiro mediante tres presentacións cheas de
sentimento, acción e respecto pola figura homenaxeada.
Mediante unha atractiva e sorprendente
posta en escena, o numerosísimo público que ateigou o Salón Valle Inclán
do Centro Galicia de Bos Aires puido achegarse con rigor á vida e obra
dun dos representantes da contracultura dos anos 80.
|
|
|
|
|
 |
Presentación de “Cunqueiradas”
en el marco de la 37ª Feria del Libro |
 |
|
|
Data: |
28 de abril de 2011 |
|
|
Descrición: |
Grazas á Dirección Xeral do
Libro, Bibliotecas e Arquivos dependente da Consellería de
Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, un cento de mozos e
mozas do noso instituto asistiron o xoves, 28 de maio, á
presentación “Cunqueiradas” que o actor galego Cándido Pazó
realizou no marco da 37ª Feira do Libro de Bos Aires.
Tal e como fixera dous días
antes no Salón Valle Inclán do Centro Galicia (naquel
encontro representou a obra “Memorias dun neno labrego”
baseada no libro homónimo de Xosé Neira Vilas), os mozos e
mozas non pararon de gozar ante o enxeño e a improvisación
dun dos máximos representantes actuais da escena galega.
|
|
|
 |
|
|
 |
Acto de Egresados de la
Segunda Promoción de Bachilleres y entrega de Distinciones Ciclo Lectivo
2010 |
 |
|
|
Data: |
3 de decembro de 2010 |
|
|
Descrición: |
O día venres 3 de decembro de 2010, no salón
Vale Inclán, celebrouse o Acto de Egresados de la Segunda Promoción de Bachilleres y la
entrega de Distinciones Ciclo Lectivo 2010 coa presenza das seguintes
autoridades: D. Manuel Peleteiro Pérez. Fundación Galicia América; Dr. José
M. Vila Alén, Presidente do Centro Galicia; D. Carlos Braggio, Centro
Galicia; Profesores Nivel Secundario; Pais e alumnos.
A cerimonia de egreso da Segunda Promoción do Instituto Arxentino Galego
Santiago Apóstolo estivo marcada pola satisfacción de seguir vendo os
froitos recolleitos logo do intenso labor emprendido pola Institución en
1998. O Pasado, o presente e o futuro atopáronse unidos neste emotivo acto.
|
|
|
|
|
 |
Visita de Francisco Collantes |
 |
|
|
Data: |
19 de agosto 2010 |
|
|
Descrición: |
O Prof. Francisco Collantes brindou unha amena
charla aos alumnos dos graos superiores en que abordou o tema da vestimenta
tradicional de Galicia. Mostráronse bonecos con roupa típica e un vídeo en
que se puideron apreciar diferentes traxes segundo a rexión e a ocasión de
uso.
|
|
|
|
|
 |
Acto Homenaxe a Galicia na
Legislatura de la Ciudad de Buenos Aires |
 |
|
|
Data: |
27 de xullo de 2010 |
|
|
Descrición: |
O Goberno da Cidade de Bos
Aires realizou o 27 de xullo no Salón Dorado de la
Legislatura, un acto en “Homenaxe a Galicia”. Organizado
pola Xefatura de Gabinete de Ministros no marco dos festexos
do Bicentenario da Revolución de Maio e do Xacobeo 2010,
contou coa presenza de numeroso público.
A presentación e locución en
lingua galega estivo a cargo de Daniela Benemio e Federico
Saladino, acompañados polo profesor Carlos Rodríguez
Brandeiro. |
|
|
|
|
 |
Día Das Letras Galegas 2010 |
 |
|
|
Data: |
20 de maio de 2010 |
|
|
Descrición: |
O pasado día 20 de maio
festexamos o Día das Letras Galegas na nosa
institución. Por esa razón, no salón Valle Inclán do Centro
Galicia de Bos Aires, desenvolvemos pola mañá dous actos
destinados ao alumnado, familias e colectivo docente e, xa
pola tarde, outro para o conxunto da colectividade galega e
público en xeral.
En todos os encontros o gran
salón quedou pequeno para acoller o público asistente,
impaciente por acompañar e compartir a homenaxe que o
Instituto Santiago Apóstol lle rendeu ao gran poeta do
Courel, Uxío Novoneyra.
Dende esta páxina, desexamos
agradecer a todos aqueles que seguen apoiando firmemente
unha Galicia sen fronteiras físicas e confían no noso centro
educativo como un fincón inmorredoiro de esperanza para a
nosa lingua e cultura. Xa o dixo Novoneyra: A poesía
entre nós inda segue sendo moito conciencia e voz.
|
|
|
|
|
 |
Visita do Sr. director xeral
de Promoción e Difusión da Cultura da Xunta de Galicia, don Francisco López
Barxas; Ramón Abal e Carlos Airas, funcionarios do goberno galego; e Benigno
Campos |
 |
|
|
Data: |
26 de abril de 2010 |
|
|
Descrición: |
R
ecibimos a visita do Sr. director xeral de
Promoción e Difusión da Cultura da Xunta de Galicia, don Francisco López
Barxas, quen –alén de Ramón Abal e Carlos Airas, funcionarios do goberno
galego– veu acompañado de Benigno Campos, recoñecido cociñeiro e
presentador do programa Larpeiros da Televisión de Galicia.
Durante a súa estadía no noso centro
educativo, o director xeral tivo oportunidade de percorrer as
instalacións, interiorizarse dalgúns dos proxectos que desenvolvemos e
coñecer o sistema de traballo que empregamos. Asemade, asistiu á charla
que mantivo Benigno Campos co alumnado do nivel Secundario no salón
Xacobeo do instituto, durante a cal os rapaces e rapazas puideron
dialogar co prestixioso cociñeiro. Antes desta intervención, don
Francisco López Barxas dirixiulles unhas palabras aos mozos e mozas
inzadas de propostas de futuro.
|
|
|
 |
|
|
 |
O escritor Manuel Rivas, novo
académico da Real Academia Galega |
 |
|
|
Data: |
13 de Decembro de 2009 |
|
|
Descrición: |
A través destas
humildes verbas, o Instituto Santiago Apóstol desexa manifestar a súa
ledicia polo merecido nomeamento, alén de transmitirlle ao ilustre
académico o máis fondo agradecemento por ternos achegado, durante
a súa visita ao noso
centro de estudos, aqueles momentos de inesquecible aprendizaxe
tinxida de cordialidade e concordia, que só as grandes personalidades
emanan sen artificios forzados.
Parabéns, Manuel.
|
|
|
|
|
 |
O Sr. Presidente da Xunta de
Galicia, don Alberto Núñez Feijoo, fixo entrega dos diplomas representativos
do remate dos estudos secundarios ao alumnado que conforma a primeira
promoción do Instituto Santiago Apóstol |
 |
|
|
Data: |
5 de decembro 2009 |
|
|
Descrición: |
O pasado día 5 de decembro de 2009 o Sr.
Presidente da Xunta de Galicia, don Alberto Núñez Feijoo, fixo entrega dos
diplomas representativos do remate dos estudos secundarios ao alumnado que
conforma a primeira promoción do Instituto Santiago Apóstol.
Estas primeiras foulas non son máis que a
continuidade perenne dunha esencia patrimonial que desexa abrirse ao mundo
con ilusión e así esparexer ronseis de esperanza para as futuras xeracións.
Galicia ten hoxe, e terá perpetuamente ano a
ano, novos embaixadores e novas embaixadoras que a darán a coñecer e
espallarán a súa realidade sen deturpacións e con coñecemento serio,
rigoroso e profundo dela.
Dado que este histórico momento tivo eco en
moitos medios de comunicación, dende este cartafol electrónico aberto ao
mundo, achegámoslles algunhas das novas aparecidas, as cales –sen dúbida–
poden representar cunha meirande obxectividade a transcendencia da citada
data.
Grazas á Xunta de Galicia polo seu permanente
apoio e grazas a todas aquelas persoas que soñaron cun futuro mellor para a
súa patria e que, dende a emigración, creron firmemente no asentamento de
institucións educativas nos lugares de acollida como alicerce primixenio da
Galicia Universal e como fincón perenne para a supervivencia e espallamento
da súa inmorredoira cultura. A don Darío Lamazares Pena in memoriam.
|
|
|
|
|
 |
Margarita Ledo Andión visitou
o noso centro de estudos |
 |
|
|
Data: |
2 de Decembro de 2009 |
|
|
Descrición: |
Tivemos o honor de recibir a dona Margarita Ledo, académica
numeraria da Real Academia Galega.
Ao longo do seu
percorrido polas nosas instalacións puido coñecer todos os nosos
proxectos xerais presentes e futuros, ademais de interiorizarse do labor
que, nas materias vinculadas con Galicia, desenvolvemos.
Dona Margarita,
acompañada polo seu marido, don Cipriano Luís Jiménez Casas, puido
coñecer de man dos directores do instituto os traballos realizados nos
tres niveis educativos e o sistema de coordinación e articulación entre
materias da institución.
Durante o seu
percorrido visitou varias clases do centro escolar e, asemade, asistiu a
unha clase de Lingua Castelá impartida pola profesora Andrea Ríos na que
escoitou a exposición da alumna de 2º curso de Bacharelato Fátima Rosón,
a partir dunha lectura seleccionada previamente.
|
|
|
|
|
 |
Visitounos o xornalista Arturo
Lezcano |
 |
|
|
Data: |
25 de Novembro de 2009 |
|
|
Descrición: |
O pasado mércores
recibimos a visita do prestixioso xornalista galego Arturo Lezcano
acompañado pola súa esposa Elvira.
Ás 9:30 horas foron
recibidos polas autoridades educativas do centro de estudos que os
acompañaron á sala de reunións da Fundación Galicia América para que,
compartindo un café, puidesen coñecer algúns dos proxectos que
desenvolvemos ao longo do ano.
A continuación, ás 10
da mañá, o xornalista ourensán dirixiuse cara ao salón de actos para
manter un encontro co alumnado do nivel Secundario que o agardaba con
impaciencia. Na súa alocución, antes de que os rapaces e rapazas
iniciasen a quenda de preguntas, Arturo Lezcano achegoulles aos mozos e
mozas unha visión persoal, directa e –nalgún caso– novidosa do escritor
Eduardo Blanco Amor alén de diagramar algunhas pinceladas sobre outras
figuras das nosas letras, ás cales tamén tratou.
|
|
|
|
|
 |
Alumnos do Nivel Secundario
representan Galicia no FIBA |
 |
|
|
Data: |
10 de Outubro de 2009 |
|
|
Descrición: |
O pasado sábado, día
10 de outubro, dúas rapazas e dous rapaces de 4º e 5º cursos do nivel
Secundario foron os encargados de representar a Galicia no VII Festival
Internacional de Teatro de Bos Aires.
Coa lectura dun
fragmento adaptado da obra teatral “A noite vai coma un río” do escritor
mindoniense Álvaro Cunqueiro, que dirixiu o profesor de teatro do noso
centro de estudos, Fernando Naval, achegaron a lingua e a literatura de
Galicia a toda a colectividade e a aqueloutras persoas interesadas en
afondar nun mundo marabilloso de ilusións e realidades.
Cómpre salientar tamén
que ao público asistente se lle entregou unha tradución ao castelán do
fragmento. Este traballo de translación lingüística realizouna o
alumnado de 5º curso de Bacharelato.
Dende esta páxina,
queremos agradecer o apoio do Sr. delegado en Bos Aires da Xunta de
Galicia e, do mesmo xeito, os ánimos e o entusiasmo de todas as persoas
que estiveron presentes na representación acompañando a magnífica
interpretación dos actores e actrices.
|
|
|
|
|
 |
Visitounos a escritora Ánxela
Gracián |
 |
|
|
Data: |
09 de Setembro de 2009 |
|
|
Descrición: |
A escritora Ánxela
Gracián visitou o noso centro educativo e mantivo dous encontros co
alumnado da institución.
A escritora luguesa pronunciou unha charla ao alumnado de 4º
e 5º cursos do nivel Secundario. O
alumnado, que se mostrou sumamente interesado durante a charla, formulou
preguntas variadas nas que as curiosidades vinculadas coa tradución de
textos tiveron o seu espazo protagonista.
|
|
|
|
|
 |
Visita del vicerreitor da
Universidade de Vigo, don Iván Area Carracedo |
 |
|
|
Data: |
15 de Maio de 2009 |
|
|
Descrición: |
Ademais da
súa asistencia ao acto institucional do Día das Letras Galegas, o
vicerreitor da Universidade de Vigo, don Iván Area Carracedo, mantivo un
encontro co alumnado de 4º e 5º cursos do nivel Secundario. Nel, o
profesor de Matemática Aplicada explicoulles o funcionamento xeral da
súa universidade e resolveu as múltiples cuestións que se lle
formularon, e que tiveron como eixe central os estudos superiores.
|
|
|
|
|
 |
Día Das Letras Galegas 2009 |
 |
|
|
Data: |
15 de Maio de 2009 |
|
|
Descrición: |
O venres,
día 15 de maio, desenvolvemos no Salón Valle Inclán do Centro Galicia de
Bos Aires o acto institucional conmemorativo do Día das Letras Galegas.
Coma todos
os anos, neste 2009, o alumnado rendeu homenaxe á figura designada pola
Real Academia Galega como persoeiro destacado.
|
|
|
|
|
 |
O alcalde de Santiago de
Compostela, don Xosé Antonio Sánchez Bugallo, visitou o noso instituto |
 |
|
|
Data: |
4 de Maio de 2009 |
|
|
Descrición: |
O alcalde de
Santiago de Compostela, don Xosé Antonio Sánchez Bugallo, visitou o noso
instituto e mantivo un encontro co alumnado do nivel Secundario da
institución educativa. Nel, o rexedor compostelán mostroulles aos
rapaces e rapazas unha visión xeral da cidade de Santiago na que non
faltaron detalles culturais, históricos e sociais. Tamén tivo tempo para
falar dos retos que se lle presentan á súa cidade no vindeiro ano 2010,
que vai ser Ano Xacobeo.
|
|
|
|
|
 |
O escritor Xabier Puente
Docampo e ao deseñador e ilustrador Xosé Cobas no noso instituto |
 |
|
|
Data: |
29 de Abril de 2009 |
|
|
Descrición: |
Nada máis chegar, logo dos
saúdos pertinentes, dirixíronse á biblioteca dos niveis Infantil e
Primario. Alí, xunto con algúns dos rapaces e rapazas de cuarto, sexto e
sétimo cursos idearon un fermoso conto cheo de maxia e sentimento. Á
vez, Xosé Cobas ía recreando con fermosas ilustracións as palabras que
escritor e alumnado tan ben lograron conxugar.
A delegación arxentina da
Fundación Galicia América agradeceulles a súa presenza e, en especial a
Xabier, mostroulle institucionalmente o aprecio que por el temos. Cómpre
salientar que foi Xabier Puente Docampo, hai catro anos, a primeira
visita ilustre que tivemos e que mostrou grande interese polo traballo
que desenvolvemos. Por ternos sempre presente e por ser o primeiro en
darnos a coñecer dentro das fronteiras administrativas de Galicia,
moitas grazas.
|
|
|
|
|
 |
Recibimos a don Víctor
Fernández Freixanes, director da Editorial Galaxia |
 |
|
|
Data: |
23 de Abril de 2009 |
|
|
Descrición: |
Acompañado por Afonso
García Sanmartín, presidente da Asociación Galega de Editores, e por Luz
Picos Fernández, secretaria técnica da devandita organización, o ilustre
escritor pontevedrés chegou ao noso instituto. No corredor da entrada
principal foi recibido polas autoridades da Fundación Galicia América,
as autoridades pedagóxicas e o presidente do Centro Galicia de Bos
Aires, don Héctor Fernández Álvarez.
|
|
|
|
|
 |
Exposición diante do noso
colectivo docente de Xosé Antonio Neira Cruz |
 |
|
|
Data: |
22 de Abril de 2009 |
|
|
Descrición: |
Ademais do
frutífero encontro que Xosé Antonio Neira Cruz mantivo co alumnado maior
do centro de estudos, pola tarde achegouse de novo ao instituto para
realizar unha exposición diante do noso colectivo docente.
A charla,
coordinada pola profesora Alicia Salvi
abordou a
importancia do fomento da lectura.
|
|
|
|
|
 |
Visitounos Xosé Antonio
Neira Cruz |
 |
|
|
Data: |
22 de Abril de 2009 |
|
|
Descrición: |
Visitounos Xosé Antonio Neira Cruz para
manter un encontro co alumnado de cuarto e quinto curso do nivel
Secundario do instituto.
Na súa disertación, o escritor santiagués
achegoulles aos rapaces e rapazas a súa intransferible visión da
literatura infantil e xuvenil, contoulles cales eran os seus alicerces
creadores e inculcoulles a importancia da tradición oral para a creación
literaria.
|
|
|
|
|
 |
Visita de Afonso Vázquez
Monxardín |
 |
|
|
Data: |
8 de Abril de 2009 |
|
|
Descrición: |
O profesor Afonso
Vázquez Monxardín visitounos para impartirlle unha charla ao alumnado do
nivel Secundario do centro educativo. Nesta, o investigador achegoulles
aos rapaces e rapazas unha visión pormenorizada da relación que
mantiveron ao longo da historia as linguas en xeral e a galega en
particular coas novas tecnoloxías da información e o desenvolvemento.
|
|
|
|
|
 |
Visitounos o poeta José
Martínez-Bargiela |
 |
|
|
Data: |
7 de Abril de 2009 |
|
|
Descrición: |
O poeta José Martínez-Bargiela visitou o
noso instituto para doar á biblioteca do centro educativo un exemplar da
súa última obra. “El navegante / O navegante: Pedro Sarmiento de
Gamboa".
|
|
|
|
|
 |
José Carlos Pereira Calviño
mantivo un encontro co alumnado do Nivel Secundario |
 |
|
|
Data: |
25 de Marzo de 2009 |
|
|
Descrición: |
No xemólogo e
deseñador de xoias José Carlos Pereira Calviño mantivo un encontro co
alumnado de 4º e 5º cursos do Bacharelato. Nesa charla, achegoulles aos
rapaces e rapazas as actividades que se desenvolven na Escola de Xoiería
do Atlántico, onde el é profesor.
|
|
|
|
|
 |
Visita do presidente do
Partido Popular de Galicia e próximo Presidente da Xunta de Galicia, don
Alberto Núñez Feijoo |
 |
|
|
Data: |
13 de Marzo de 2009 |
|
|
Descrición: |
Recibimos no instituto a visita do
presidente do Partido Popular de Galicia e próximo Presidente da Xunta
de Galicia, don Alberto Núñez Feijoo.
Nada máis chegar, logo de saudar as
autoridades institucionais e pedagóxicas, sen présas, con moita
dispoñibilidade e mostrando grande interese, realizou un percorrido por
todo o centro educativo dende o nivel infantil ata o nivel secundario.
Nese periplo, tivo ocasión de coñecer as instalacións, saudar a parte do
colectivo docente e, por riba de todo, falar cos alumnos e alumnas que o
agardaban con moita impaciencia.
|
|
|
|
|
 |
Visita do senador Xosé Manuel
Pérez Bouza |
 |
|
|
Data: |
13 de Febreiro de 2009 |
|
|
Descrición: |
Recibimos a visita do senador Xosé Manuel
Pérez Bouza. Durante o seu percorrido polas instalacións do centro
educativo tivo ocasión de interiorizarse das actividades pedagóxicas e
culturais que desenvolvemos a cotío alén de manter un encontro co
secretario xeral da Fundación Galicia América.
|
|
|
|
|
 |
Visitounos o Secretario da
Academia Nacional de Xornalismo |
 |
|
|
Data: |
23 de Xaneiro de 2009 |
|
|
Descrición: |
José Ignacio López, secretario da Academia
Nacional de Xornalismo de Arxentina visitou o noso instituto e tivo
oportunidade de coñecer as actividades que levamos a cabo. No encontro
que mantivo con José María Vila Alén, secretario xeral da Fundación
Galicia América, tomou contacto con todas as propostas pedagóxicas que o
noso centro educativo ofrece e interiorizouse das ofertas de futuro
previstas.
|
|
|
 |
|
|
 |
Visita do xornalista Luis
Celeiro |
 |
|
|
Data: |
1 de Decembro de 2008 |
|
|
Descrición: |
O xornalista Luís Celeiro estivo visitando
as instalacións do Santiago Apóstol. Durante o seu percorrido puido
coñecer polo miúdo o funcionamento da institución educativa e
interiorizarse dos proxectos presentes e futuros do noso instituto.
Alén diso, impartiu unha conferencia
titulada “O Camiño de Santiago como espazo de comunicación”. Nela,
destacou o papel dos medios de comunicación en Galicia e a súa
contribución ao desenvolvemento cultural do país, e referiuse tamén á
Universidade de Santiago como un motor para o emprendemento e como “a
grande creadora e transmisora de coñecemento”.
|
|
|
|
|
 |
Estivo connosco o catedrático
Xosé María Dobarro Paz |
 |
|
|
Data: |
21 de Noviembre de 2008 |
|
|
Descrición: |
Con motivo dunha visita a Bos Aires, Xosé
María Dobarro tivo a deferencia de achegarse ao noso instituto e manter
un encontro co alumnado do nivel secundario. Nel, o catedrático da
Universidade da Coruña falou da situación da lingua galega na
actualidade e do futuro que ten por diante.
|
|
|
|
|
 |
Acto protocolario da fin de
obra do quinto andar do Instituto |
 |
|
|
Data: |
17 de Novembro de 2008 |
|
|
Descrición: |
O Instituto Santiago Apóstol celebrou o
acto protocolario da fin de obra do quinto andar do edificio.
Presidiu este acto a Sra. Conselleira de
Educación da Xunta de Galicia, dona Laura Elena Sánchez Piñón e
acompañáronnos nesta ocasión o Sr. Ministro de Educación do Goberno da
Cidade Autónoma de Buenos Aires, don Mariano Narodowski; o Sr. Ministro
Conselleiro da Embaixada de España, don Rodrigo Aguirre de Carcer; o
señor Benito Zaidenknop, director pedagóxico da Dirección Xeral de
Educación de Xestión Privada; o enxeñeiro Martín Ramos, supervisor de
nivel Medio; a profesora Dolores Gil, supervisora de nivel Inicial e
Primario; presidentes e representantes de entidades da colectividade
galega e corpo diplomático do Estado Español.
|
|
|
|
|
 |
Visitounos un número 1 |
 |
|
|
Data: |
14 de Novembro de 2008 |
|
|
Descrición: |
O Instituto Santiago Apóstol tivo o honor
de recibir ao internacionalmente recoñecido músico Carlos Núñez.
O entusiasmo expectante que o alumnado do
centro educativo tiña veuse colmado pola grandeza dun home que, cunha
sinxeleza incrible, soubo transmitir ensinanzas que van máis aló do seu
virtuosismo como extraordinario compositor e intérprete.
Foi unha hora e media intensísima na que o
Santiago Apóstol puido vibrar cun número 1, un grande non só como
músico, senón fundamentalmente como persoa.
|
|
|
|
|
 |
Visitounos o premio Novel da
Paz, Adolfo Pérez Esquivel |
 |
|
|
Data: |
21 de Outubro de 2008 |
|
|
Descrición: |
Grazas ás xestións desenvolvidas pola
delegada da Xunta de Galicia en Bos Aires e ao interese mostrado polo
escultor e arquitecto arxentino, o alumnado de Bacharelato puido
escoitar de primeira man as reflexións deste ser humano universal.
Don Adolfo, dando mostra dunha gran
sinxeleza e humildade, achegouse á nosa institución e, máis aló de
percorrer as instalacións do centro educativo e interiorizarse do
funcionamento pedagóxico, transmitiunos a todos os presentes ensinanzas
de futuro e baseamentos humanísticos fundamentais, que endexamais se
deberían esquecer.
|
|
|
|
|
 |
O grupo poético musical Ouriol
e o pintor Afonso Costa estiveron visitándonos |
 |
|
|
Data: |
17 de Outubro de 2008 |
|
|
Descrición: |
Neste encontro presentáronlle ao alumnado
o espectáculo “De amor e morte” Ouriol constituíuse no 2000, como
confluencia das diversas traxectorias creativas dos seus membros: a
capacidade expresiva da poeta e comunicadora Eva Veiga, responsable da
selección poética de todos os espectáculos do grupo, foi dar coa
sensibilidade e a axilidade improvisadora de dous músicos con ampla
experiencia no mundo do jazz e da música para teatro.
|
|
|
|
|
 |
Visita de Santiago Jaureguizar |
 |
|
|
Data: |
15 de Outubro de 2008 |
|
|
Descrición: |
Nunha mañá chea de maxias, lingua galega e
moi bo ambiente o gran escritor galego guiou ao alumnado co fin de crear
un conto colectivo onde a imaxinación foi a protagonista. Rematado o
encontro, visitou as instalacións do centro educativo e asinou no libro
de ouro da institución. Agradecemos fondamente a Santiago a súa
deferencia connosco e agardamos volver velo pronto no noso instituto.
|
|
|
|
|
 |
Visitounos o alcalde de Sada,
don Abel López Sotol |
 |
|
|
Data: |
10 de Outubro de 2008 |
|
|
Descrición: |
Con motivo da súa visita a Bos Aires para
repatriar os restos do galeguista Ramón Suárez Picallo, don Abel quixo
coñecer a nosa institución e interiorizarse das actividades que
desenvolvemos a cotío. Acompañado por dona Ana Miranda, responsable da
Comisión de Emigración do Bloque Nacionalista Galego, por José María
Vila Alén, secretario xeral da Fundación Galicia América, e polas
autoridades educativas do centro escolar percorreu as nosas instalacións
e conversou sobre diferentes aspectos educativos de actualidade.
|
|
|
|
|
 |
Visita da Alcaldesa do
concello de Silleda dona Paula Fernández Pena |
 |
|
|
Data: |
30 de Setembro de 2008 |
|
|
Descrición: |
A señora Paula Fernández Pena, alcaldesa
do concello de Silleda (Pontevedra), acompañada por don Xosé María Vila
Alén (secretario xeral da Fundación Galicia América) e dos responsables
educativos, visitou as nosas instalacións, interesouse polos proxectos
que o instituto desenvolve e dialogou co alumnado dos diferentes niveis
pedagóxicos.
|
|
|
|
|
 |
Visita do Alcalde do concello
pontevedrés de Oia, Don Alejandro Rodríguez Rodríguez |
 |
|
|
Data: |
23 de Setembro de 2008 |
|
|
Descrición: |
O señor alcalde do concello pontevedrés de
Oia, Alejandro Rodríguez Rodríguez, visitounos e observou con moito
interese o funcionamento do centro educativo. Durante o percorrido polas
nosas instalacións, acompañado polos señores membros da Delegación
arxentina da Fundación Galicia América, dialogou co alumnado e coñeceu
máis polo miúdo todas as nosas actividades.
|
|
|
|
|
 |
Visita do máximo mandatario da
Deputación de Lugo, Don Xosé Ramón Gómez Besteiro |
 |
|
|
Data: |
10 de Setembro de 2008 |
|
|
Descrición: |
Recibimos na nosa institución a visita do
máximo mandatario da Deputación de Lugo, don Xosé Ramón Gómez Besteiro.
O señor presidente, máis aló de percorrer as instalacións educativas e
saudar aos directivos da Fundación Galicia – América, mantivo un longo
encontro co alumnado do instituto, no cal –entre outras cousas– lles
explicou a maneira de participar nos proxectos que a Deputacion de Lugo
desenvolve.
|
|
|
|
|
 |
A DELEGADA DA XUNTA DE GALICIA EN BUENOS AIRES María Xosé Porteiro
VISITA O COLEXIO E FALA COS ALUMNOS DE SECUNDARIA SOBRE O FUTURO DOS GALEGOS
EN ARGENTINA |
 |
|
|
Data: |
25 de Agosto de 2008 |
|
|
Descrición: |
Este luns, 25 de agosto, recibimos con
enorme ledicia a visita de dona María Xosé Porteiro, delegada da Xunta
de Galicia en Bos Aires.
Queremos agradecerlle fondamente a súa
presenza no noso instituto, pois este centro educativo, obra da Xunta de
Galicia e do Centro Galicia de Bos Aires, forma parte perenne desa
Galicia global na que todos nós nos asentamos e á cal a señora delegada
contribúe cos seus esforzos cotiáns.
|
|
|
|
|
 |
Visita do alumnado de cuarto
ano á Delegación da Xunta de Galicia EN BOS AIRES |
 |
|
|
Data: |
19 de Agosto de 2008 |
|
|
Descrición: |
O alumnado de cuarto curso de Bacharelato
visitou o pasado martes, 19 de agosto, a Delegación da Xunta de Galicia
en Bos Aires para ollar a mostra “Nós mesmos. Asociacionismo galego na
emigración”.
Esta exposición itinerante está organizada
polo Consello da Cultura Galega, a través do seu Arquivo da Emigración,
en colaboración coa Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia.
|
|
|
|
|
 |
DÍA DE GALICIA |
 |
|
|
Data: |
23 de
Xullo de 2008 |
|
|
Descrición: |
O Instituto Santiago Apóstol celebrou
institucionalmente o Día de Galicia, festividade de importancia máxima
para o centro educativo ao igual que para a terra que é o xermolo desta
iniciativa pedagóxica en Bos Aires.
Nesta ocasión, co gallo da declaración por
parte da UNESCO deste 2008 como “Ano Internacional das Linguas”, o
alumnado dos diferentes niveis da institución preparou un acto que
pretende achegar a toda a comunidade escolar e non escolar unha
preocupación de interese máximo para todas as culturas do planeta.
|
|
|
|
|
 |
Visita da compañía "Teatro del Andamio" |
 |
|
|
Data: |
1 de
Xullo de 2008 |
|
|
Descrición: |
Tivemos a
sorte de recibir na nosa institución educativa a compañía dramática
galega “Teatro del Andamio”, a cal estivo actuando para o alumnado maior
do instituto. Representaron a obra “A lingua das bolboretas” baseada nun
dos contos que compoñen o libro “Que me queres amor?” de Manuel Rivas.
|
|
|
|
|
 |
O Coro do colexio no Encontro Coral |
 |
|
|
Data: |
27 de
Xuño de 2008 |
|
|
Descrición: |
O coro do instituto
abriu o "Encontro Coral" que organizou o pasado venres, 27 de xuño, a
Comisión de Cultura do Centro Galicia de Bos Aires. Diante do público
que enchía o Salón Valle Inclán da institución galega, os rapaces e
rapazas que compoñen o noso coro infantil, interpretaron en primeiro
lugar a canción "O meu país" de Xoán Manuel Casado e Miro Casavella e,
posteriormente, a cantiga tradicional galega "A muller do tío Mateu".
|
|
|
|
|
 |
VISITA de Francisco Soñora luna |
 |
|
|
Data: |
29 de
Maio de 2008 |
|
|
Descrición: |
O pasado xoves, día 29, grazas ao interese
mostrado pola señora María Xosé Porteiro, Delegada da Xunta de Galicia
en Bos Aires, o noso alumnado do nivel secundario tivo a oportunidade de
compartir experiencias co profesor Francisco Soñora Luna, quen visitou
Bos Aires para impartir unha conferencia no marco das Xornadas sobre
cambio climático que organizou a devandita delegación.
|
|
|
|
|
 |
VISITA OFICIAL POlo DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2008 |
 |
|
|
Data: |
16 e 17
de
Mayo de 2008 |
|
|
Descrición: |
O Sr. Presidente da Xunta de Galicia
viaxou a Bos Aires para celebrar os actos oficiais correspondentes ao
Día das Letras Galegas 2008. Nesta visita, ademais de altos cargos
políticos, acompañaron a don Emilio Pérez Touriño senlleiras
personalidades culturais galegas entre as que podemos citar a Xesús
Alonso Montero, Isaac Díaz Pardo ou Claudio Rodríguez Fer.
Dentro das actividades que o señor
Presidente desenvolveu, o noso instituto estivo presente contribuír nos
actos desta emotiva celebración.
|
|
|
|
|
 |
Visita de María Sol López Martínez, secretaria XERAL de Política Lingüística
da Xunta de Galicia |
 |
|
|
Data: |
16 de Maio de 2008 |
|
|
Descrición: |
Recibimos a visita na nosa institución da
Sra. María Sol López Martínez, secretaria xeral de Política Lingüística
da Xunta de Galicia. Ademais de compartir un almorzo cos membros da
Delegación arxentina da Fundación Galicia América, percorreu as
instalacións do centro educativo e visitou as obras do 5º piso, a piques
de rematar.
|
|
|
|
|
 |
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2008 |
 |
|
|
Data: |
15 de Mayo de 2008 |
|
|
Descrición: |
Celebrouse –coma cada ano– o Día dás Letras Galegas. Nesta ocasión,
dedicouse a recordar a figura do escritor Xosé María Álvarez Blázquez.
O Instituto Santiago
Apóstol, como en anos precedentes, sumouse a estas conmemoraciones coa
celebración dun acto no cal se desempañaron os alumnos dos
niveis primario e secundario.
|
|
|
|
|
 |
Visita de Estíbaliz Espinosa |
 |
|
|
Data: |
30 de Abril de 2008 |
|
|
Descrición: |
O alumnado do nivel secundario tivo a
oportunidade de compartir uns momentos coa artista Estíbaliz Espinosa. No salón de actos Xacobeo, durante unha
hora e media, a escritora coruñesa achegou aos presentes unha visión da
poesía actual e, a través de varias actividades onde participaron os
rapaces e rapazas do instituto, presentou e interpretou varios textos
literarios.
|
|
|
|
|
 |
Visita de
Malvela |
 |
|
|
Data: |
29 de Abril de 2008 |
|
|
Descrición: |
Coa presenza do señor
director xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellaría de Cultura
e Deporte da Xunta de Galicia, don Luís Bará Torres, e das autoridades
do Consello de Administración da Fundación Galicia – América na
Arxentina, recibimos na nosa institución ao grupo de música tradicional
galega Malvela e á cantante Uxía Senlle.
|
|
|
|
|
 |
Visita de Marisa Irima |
 |
|
|
Data: |
23 de Abril de 2008 |
|
|
Descrición: |
O pasado mércores Marisa Irima compartiu
co noso alumnado de 4º, 5º, 6º e 7º curso do nivel primario unha xornada
chea de emocións e ledicias.
A través de distintas actividades
prácticas, a prestixiosa ilustradora galega foi interactuando co
alumnado e percorrendo as distintas etapas da creación literaria
gráfica.
|
|
|
|
|
 |
Visita de Fernández Naval E Caride Ogando |
 |
|
|
Data: |
22 de Abril de 2008 |
|
|
Descrición: |
O pasado martes recibimos no instituto a
visita de dous dos escritores máis salientables do panorama literario
galego actual.
Francisco Xosé Fernández Naval e Ramón
Caride Ogando compartiron co alumnado do nivel secundario as súas
experiencias nun clima de expectación, ledicia e aprendizaxe.
|
 |
|
|
 |
FIRMA CONVENIO COA UCES |
 |
|
|
Data: |
14 de Decembro de 2007 |
|
|
Descrición: |
O pasado 14 de decembro asinouse un Convenio
Xeral entre a UCES, representada polo Vicerrector General Dr. Juan Carlos
Gómez Barinaga, e a Fundación Galicia América - Instituto Argentino
Gallego Santiago Apóstol, representada neste acto polo seu Secretario
Xeral Dr. José María Vila Alén.
O obxectivo institucional é desenvolver unha cátedra preuniversitaria de
carácter extracurricular, para aplicar Contidos Diferenciados como
complemento do Plan de Estudos Oficial explicitado no Proxecto Educativo
Institucional; coa metodoloxía e os programas adecuados ao sistema de
articulación co nivel do ensino superior. |
|
|
|
|
 |
Presentación do coro infantil e xuvenil do colexio |
 |
|
|
Data: |
29 de Novembro de 2007 |
|
|
Descrición: |
Espertar as capacidades de nenos e mozos a
través do canto coral é desenvolver o bo gusto pola linguaxe musical e sumar
valores e coñecemento á formación ética, académica e estética dos nenos.
Invitamos a nenos e mozos a formar parte desta actividade educativa, que se
basea en contidos sólidos logrados a través do coñecemento e o xogo creativo
que é parte integradora da formación e da aprendizaxe.
|
|
|
|
|
 |
INAUGURACIÓN DA NOVA SALA DE INFORMÁTICA |
 |
|
|
Data: |
23 de Novembro de 2007 |
|
|
Descrición: |
Continuando co crecemento institucional
previsto, o pasado día 23 de novembro abriuse unha nova sala de Informática
no noso centro educativo. A transcendencia que na nosa institución damos ás
novas tecnoloxías na educación de calidade que propugnamos vese reflectida
nesta nova aula que conta con 26 ordenadores de última xeración con pantalla
de plasma, configurados en rede e con acceso a Internet que foron doados
pola Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia.
A señora Purificación Hombre Erias,
subdirectora xeral do CIXTEC (Centro Informático para a Xestión Tributaria
Económico – Financeira e Contable) do Goberno Autonómico Galego, visitounos
para realizar a inauguración formal. |
|
|
|
|
 |
ENCONTRO DE DIRECTIVOS DGEGP |
 |
|
|
Data: |
16 de Novembro de 2007 |
|
|
Descrición: |
O pasado 16 de novembro a nosa escola foi sede
da última reunión de Directores dos distritos 1º e 2º. A mesma contou coa
presenza das Supervisoras de DGEGP quen abordaron o tema "A integración
escolar, no marco da atención á diversidade" xunto á Lic. Sabina Melero. |
|
|
|
|
 |
VISITA DO EXCMo. señor Ministro de Cultura do Goberno de España, don César
Antonio Molina |
 |
|
|
Data: |
08 de Novembro de 2007 |
|
|
Descrición: |
Hoxe xoves, 8 de novembro, recibimos a visita
do excelentísimo señor Ministro de Cultura do Goberno de España, don César
Antonio Molina.
Foi recibido polas autoridades da institución
e, logo de percorrer o centro educativo, mantivo un encontro co alumnado do
nivel secundario no Salón de Actos Xacobeo. |
|
|
|
|
 |
VISITA
DO escritor manuel rivas |
 |
|
|
Data: |
07 de Novembro de 2007 |
|
|
Descrición: |
Recibimos con enorme satisfacción a visita do
ilustre escritor galego Manuel Rivas. Foi recibido polas autoridades da
institución e, logo de percorrer o centro educativo, impartiu unha
conferencia para o alumnado do nivel secundario no Salón de Actos Xacobeo. |
|
|
|
|
 |
VISITA
DO XORNALISTA ARTURO LEZCANO GONZÁLEZ |
 |
|
|
Data: |
31 de Outubro de 2007 |
|
|
Descrición: |
No día da data visitou a nosa institución o
prestixioso xornalista Arturo Lezcano González, correspondente para América
Latina de La Voz de Galicia, Televisión de Galicia e Radio Galega.
|
|
|
|
|
 |
VISITA DE DON PEDRO CASELLES BELTRÁN |
 |
|
|
Data: |
25 de Setembro de 2007 |
|
|
Descrición: |
Recibimos no instituto a ilustre visita de don
Pedro Caselles Beltrán.
A súa traxectoria exemplar fixo que Tomiño, a
súa vila natal, o nomease fillo predilecto. Ademais, nesa localidade
pontevedresa, un colexio e unha biblioteca levan o seu nome. Tamén en
Montevideo, unha aula do Colexio Español Miguel de Cervantes ostenta o mesmo
honor. |
|
|
|
|
 |
CONCERTO NO COLEXIO DA ORQUESTRA DE CÁMARA GALEGA |
 |
|
|
Data: |
15 de Agosto de 2007 |
|
|
Descrición: |
O pasado mércores, día 15, estivo ofrecendo un
concerto para o alumnado da institución a Orquestra de Cámara Galega.
A orquestra segue o modelo de dirección do
século XVIII a través da figura do director concertino, posto ocupado dende
a súa fundación por Rogelio Groba Otero.
|
|
|
|
|
 |
Estivo connosco María Inés Cuadrado |
 |
|
|
Data: |
14 e 15 de Agosto de 2007 |
|
|
Descrición: |
O martes, 14 de agosto de 2007, a actriz
realizou xogos de palabras para crear historias cos nenos e nenas do 2º
ciclo de Educación Primaria e o mércores, 15 de agosto, explicou algúns dos
recursos prácticos para recitar poesía con material en galego ao alumnado do
nivel Secundario. |
|
|
|
|
 |
Día de galicia |
 |
|
|
Data: |
20 de Xullo de 2007 |
|
|
Descrición: |
O pasado venres,
20 de xullo, coincidindo co comezo das vacacións
de inverno, o Instituto Santiago Apóstol
celebrou o Día de Galicia, festividade de
importancia máxima para o centro educativo. |
|
|
|
|
 |
VISITA DE don Rafael Herrera Gil |
 |
|
|
Data: |
16 de Xullo de 2007 |
|
|
Descrición: |
O "Instituto Argentino Gallego Santiago
Apóstol" recibiu a visita oficial do Sr. "Consejero de Trabajo y Asuntos
Sociales de la Embajada de España" don Rafael Herrera Gil.
|
|
|
|
|
 |
ACTO OFICIAL EN PRAZA DE MAIO POLO DÍA DA INDEPENDENCIA |
 |
|
|
Data: |
09 de Xullo de 2007 |
|
|
Descrición: |
No marco da celebración dun novo aniversario
da Independencia, abanderado e escoltas da nosa escola foron invitados ao
Acto Oficial que se realizou na Praza de Maio. Ao mesmo asistiron o Xefe de
Goberno, Jorge Telerman, representantes de Granaderos, Bombeiros, Policía
Federal e de Hospitais Municipais , entre outros. |
|
|
|
|
 |
VISITA DO ESCRITOR SUSO DE TORO |
 |
|
|
Data: |
24 de Maio de 2007 |
|
|
Descrición: |
Como parte das súas actividades culturais en Bos
Aires, o pasado día 24 visitounos o prestixioso escritor galego
Suso de Toro, quen percorreu o centro educativo e mantivo un encontro
cos alumnos do nivel secundario.
|
|
|
|
|
 |
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2007 |
 |
|
|
Data: |
17 de Maio de 2007 |
|
|
Descrición: |
O día 17 de maio celebrouse –coma cada ano– o Día dás Letras Galegas. Nesta ocasión,
dedicouse a recordar a figura da escritora María Mariño Carou (Noia,
1907 – Parada do Courel, 1967).
|
|
|
|
|
 |
VISITA ao
Instituto Santiago Apóstolo de: Francisco X. Fernández Naval, Carlos Arias,
María do Cebreiro, Anxo Angueira e Carmen Dor. |
 |
|
|
Data: |
20 de Abril de 2007 |
|
|
Descrición: |
Visita ao Instituto Santiago Apóstol do:
Francisco X. Fernández Naval, Subdirector
de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura (Xunta de
Galicia), Carlos Arias, funcionario da Dirección
Xeral e escritor, María do Cebreiro, Anxo Angueira e Carmen Dor.
|
 |
|
|
 |
VISITA DO ALCALDE DE A ESTRADA SR. RAMÓN CAMPOS DURÁN |
 |
|
|
Data: |
16 de
novembro de 2006 |
|
|
Descrición: |
O Alcalde de A Estrada, Don Ramón Campos
Durán, visitou no día da data a nosa institución e inaugurou o amoblamiento
dunha sala do Nivel Inicial doado polo Concello. Posteriormente foi
acompañado polos membros da Fundación Galicia América e autoridades do
Instituto nunha percorrida polas instalacións. |
|
|
|
|
 |
VISITA DO
EXCMO. PRESIDENTE DA DIPUTACIÓN DA CORUÑA SR. XESÚS SALVADOR FERNÁNDEZ
MOREDA |
 |
|
|
Data: |
14 de novembro de 2006 |
|
|
Descrición: |
O Presidente da deputación da Caruña, Don
Xesús Salvador Fernández Moreda, visitou no día da data a nosa institución.
Foi acompañado na percorrida das instalacións polos membros da Fundación
Galicia América e autoridades do Instituto, con quen mantivo unha reunión.
No nivel Secundario mantivo unha distendida
charla cos alumnos do segundo ano do bachellerato.
|
|
|
|
|
 |
VISITA
DE DON XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN |
 |
|
|
Data: |
27 de outubro de 2006 |
|
|
Descrición: |
O pasado venres, o escritor e académico Xosé
Luís Méndez Ferrín honrounos coa súa ilustre visita.
Don Xosé Luís, acompañado pola súa dona,
percorreu as instalacións do centro educativo e dialogou con parte do
alumnado.
|
|
|
|
|
 |
VISITA DA EXCMA.
CONSELLEIRA DE CULTURA E DEPORTES
SEÑORA
ÁNXELA BUGALLO RODRÍGUEZ |
 |
|
|
Data: |
26 de outubro de 2006 |
|
|
Descrición: |
A Conselleira de Cultura e
Deportes da Xunta de Galicia e Presidenta do Patroado da
Fundación Galicia - América, Doña Ánxela Bugallo Rodríguez, visitou o
Colexio na mañá de hoxe acompañada dunha prestixiosa comitiva. Percorreu os
niveis Inicial, EGB-Primario e Secundario, a Sala de Informática,
as Bibliotecas e a Secretaria Técnica Educativa. |
|
|
|
|
 |
VISITA DOS ALUMNOS
DO SANTIAGO APÓSTOLO Á EXPOSICIÓN “Galicia en Cartel”. |
 |
|
|
Data: |
12 de outubro de 2006 |
|
|
Descrición: |
Os alumnos 6º ano EGB, 7º
grado Nivel Primario e todos os alumnos do Nivel Secundario, concorreron á
exposición "Galicia en cartel" A imaxe de Galicia na cartelería turística,
no Teatro Bambalinas. Este evento foi auspiciado pola Vicepresidencia da
Xunta e a Dirección Xeral de Turismo -que depende da Consellería de
Innovación e Industria. |
|
|
|
|
 |
VISITA
DEL EXCMO. VICEPRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA DON ANXO QUINTANA |
 |
|
|
Data: |
6 de outubro de 2006 |
|
|
Descrición: |
O vicepresidente da Xunta
de Galicia, Don Anxo Quintana, percorreu as instalacións do Colexio,
participando xunto aos alumnos dun taller de lectura, unha clase de
informática e unha clase de galego. Na visita estivo acompañado polas
autoridades da institución. |
|
|
|
|
 |
VISITA do DePUTADO do Parlamento de Galicia don xosé manuel barreiro |
 |
|
|
Data: |
28 de setembro de 2006 |
|
|
Descrición: |
O Deputado do Parlamento de
Galicia, Don Xosé Manuel Barreiro, visitou no día da data a nosa
institución. Foi acompañado na percorrida das instalacións polos membros da
Fundación Galicia América e autoridades do Instituto, con quen mantivo unha
reunión. |
|
|
|
|
 |
VISITA do EXCMO. arzobispo de Santiago de Compostela Monseñor Julián Barrio |
 |
|
|
Data: |
19 de setembro de 2006 |
|
|
Descrición: |
O Arzobispo de Santiago de
Compostela, Monseñor Julián Barrio, visitou no día da data a nosa
institución. Foi acompañado na percorrida das instalacións polos membros da
Fundación Galicia América, autoridades dos niveis Secundario, EXB - Primario
e Inicial, docentes e alumnos. |
|
|
|
|
 |
VISITA
DEL EXCMO. PRESIDENTE DE LA XUNTA DE GALICIA |
 |
|
|
Data: |
13 de marzo de 2006 |
|
|
Descrición: |
O presidente da Xunta
de Galicia, Don Emilio Pérez Touriño, inaugurou o aula de informática en ocasión
da súa visita ao Colexio, o pasado 13 de marzo. |
|
|
|
|
 |
INAUGURACIÓN DO NIVEL SECUNDARIO |
 |
|
|
Data: |
10 marzo de 2005 |
|
|
Descrición: |
Acto de Apertura do 1er. Ano Ciclo Básico
Unificado do Bachillerato e inauguración de as obras da 4ta. planta do noso
edificio.
Esta nova etapa educativa que completa a E.G.B.,
ten as súas características propias. Pero ao mesmo tempo dá continuidade ao
cumprimento do Ideario Institucional, espírito que dirixe a pedagogía do
colexio nun camiño cara á excelencia académica. |
|
|
|
|